Saltar ao contido

Lilit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cadro Lilith, de John Collier

Lilith (/ˈlɪlɪθ/; hebreo: לִילִית Lîlîṯ) é unha figura da mitoloxía xudía, pronto desenvolvida no Talmud de Babilonia (séculos III a V). Lilith é a miúdo vista como un demo perigoso da noite, que é sexualmente promiscua e que rouba bebés na escuridade.[1] Xeralmente pénsase que o personaxe deriva, en parte, dunha clase de demo feminino historicamente máis antigo (lilītu) da antiga relixión mesopotámica, que se atopou nos textos cuneiformes de Sumeria, o Imperio acadio, Asiria, e Babilonia.

No folclore xudeu, a partir do libro satírico Alfabeto de Sirach (c. 700-1000), Lilith aparece como a primeira esposa de Adán, creada ao mesmo tempo (Rosh Hashanah no inicio) e do mesmo po da terra que Adán, compárense co Xénese 1:27. (Isto contrasta con Eva, que foi creada a partir dunha das costelas de Adán: Xénese 2:22.) A lenda desenvolveuse extensamente durante a Idade Media, na tradición de Aggadah, o Zohar, e o misticismo xudeu.[2] Por exemplo, nas escrituras do século XII, de Isaac ben Jacob ha-Cohen, Lilith deixou a Adán despois de que ela rexeitase deitarse debaixo del, xa que consideraba que foran creados como iguais, abandonou o Edén por propia iniciativa e instalouse xunto ao mar Vermello, uníndose alí co arcanxo Samael ou Satanás[3], que chegou a ser o seu amante, e con outros demos. Máis tarde, converteuse nun demo que rapta os nenos nos seus berces pola noite e únese aos homes como un súcubo, procreando fillos (os lilim) co seme que os varóns derraman involuntariamente cando están durmindo (polución nocturna). Represéntaselle co aspecto dunha muller moi fermosa, ás veces alada.

A evidencia en escritos xudeus posteriores é abundante, pero sobreviviu pouca información sobre a orixe destes demos en Sumeria, no Imperio acadio, Asiria e Babilonia. Mentres que a conexión está case universalmente aceptada, investigacións recentes dubidan da relevancia de dúas fontes previamente usadas para conectar á lilith xudía coa lilītu acadia, o apéndice Gilgamesh e os Amuletos Arslan Tash.[4] (Ver o debate das dúas fontes problemáticas.[5])

En textos de lingua hebrea, o termo "lilith" ou "lilit" (traducido como "criatura nocturna", "monstro nocturno", "bruxa nocturna" ou "curuxa") ocorre por primeira vez nunha lista de animais en Isaías 34:14, ben en forma singular ou plural segundo variacións nos primeiros manuscritos. Nos Manuscritos do Mar Morto 4Q510-511, o primeiro termo aparece nunha lista de monstros. Nas inscricións máxicas en copas e amuletos do século VI a.C., Lilith identifícase como un demo feminino e aparecen as primeiras representacións visuais.

Foi acusada de ser a serpe que levou Eva a comer o froito prohibido.

Lilith como a serpe en pintura de Rafael, en 1508

A lenda resultante de Lilith segue a servir como material de orixe na cultura occidental, literatura, ocultismo, fantasía e horror. Tamén é considerada como a primeira feminista.

  1. Hammer, Jill. "Lilith, Lady Flying in Darkness". My Jewish Learning. Consultado o 19 de xuño de 2017. 
  2. Schwartz, Howard (2006). Tree of Souls: The Mythology of Judaism. Oxford University Press. p. 218. ISBN 978-0-19-532713-7. 
  3. Kvam, Kristen E.; Schearing, Linda S.; Ziegler, Valarie H. (1999). Eve and Adam: Jewish, Christian, and Muslim Readings on Genesis and Gender. Indiana University Press. pp. 220–1. ISBN 0-253-21271-5. 
  4. Freedman, David Noel, ed., Anchor Bible Dictionary, (New York: Doubleday) 1997, 1992. "Very little information has been found relating to the Akkadian and Babylonian view of these figures. Two sources of information previously used to define Lilith are both suspect."
  5. Kvam, Kristen E.; Schearing, Linda S.; Ziegler, Valarie H. (1999). Eve and Adam: Jewish, Christian, and Muslim Readings on Genesis and Gender. Indiana University Press. p. 174. ISBN 0-253-21271-5.  "Other scholars, such as Lowell K. Handy, agree that Lilith is derived from Mesopotamian demons but argue against finding evidence of the Hebrew Lilith in many of the epigraphical and artifactual sources frequently cited as such (e.g., the Sumerian Gilgamesh fragment, the Sumerian incantation from Arshlan-Tash)."

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.