Súcubo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe dun súcubo nunha ménsula no exterior dunha taberna inglesa.

Segundo o folclore medieval, un súcubo (do latín: succubus) é un demo nocturno que ataca os homes e, por medio de sedución e mantemento de copulación, busca extraer o seu seme e a súa enerxía de vida. A finalidade desta práctica demoníaca sería obter para si a enerxía masculina para alimentarse e asemade obter o seme para reproducir a si mesmo ou para levar para outro demo. Dicíase que eses demos estarían máis activos e descontrolados durante o plenilunio. Algúns trastornos, como pesadelos recorrentes, parálise do sono ou polución nocturna, eran outrora explicados como resultado do ataque dun súcubo.[1][2][3]

A contraparte masculina dun súcubo é un íncubo (do latín inccubus).

Na literatura non occidental[editar | editar a fonte]

Cultura budista[editar | editar a fonte]

Unha escritura budista sobre a oración a Avalokiteśvara, o Dharani Sutra de Amoghapāśa, promete a aqueles que rezan que "non serás atacado por demos que chupan a túa enerxía ou che fagan o amor nos teus soños".[4]

Cultura árabe e africana[editar | editar a fonte]

Na mitoloxía árabe, a qarînah (قرينة) é un espírito semellante ao súcubo, con orixes posiblemente na relixión do Antigo Exipto ou nas crenzas animistas da Arabia preislámica. Unha qarînah "dorme" coa persoa e ten relacións nos soños.[5] Dise que son invisibles, pero unha persoa con "segunda vista" pode velos, moitas veces na forma dun gato, can ou outra mascota doméstica. "En Omdurman, Sudán, é un espírito que posúe. ... Só certas persoas están posuídas e tales persoas non poden casar ou a qarînah farálles dano."[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kanashibari: A Paralisia do Sono" (en portugués). Caçadores de lendas. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 
  2. Kryger, Meir; Avidan, Alon; Berry, Richard (2015). Atlas Clínico de Medicina do Sono (en portugués). Rio de Janeiro: Elsevier. p. 117. 
  3. Vodalok 2009, p. 117.
  4. Yü, Chün-fang (2001). Kuan-yin. Nova York. p. 57. ISBN 023112029X. 
  5. Tremearne, A. J. N. (1914). Ban of the Bori: Demons and Demon-Dancing in West and North Africa. 
  6. Trimingham, J. Spencer (1965). Frank Cass & Co. Ltd., ed. Islam in the Sudan. Londres. p. 172. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Vodalok (2009). Incubus Succubus (en inglés). Lulu.com. 


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.