Hondarribia Arraun Elkartea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Traiñeira de Hondarribia na bandeira da Concha de 2007.
Hondarribia en 2011.

O Hondarribia Arraun Elkartea é un club de remo vasco da localidade guipuscoana de Hondarribia. As súas cores son o branco e o verde e a súa traiñeira chámase Ama Guadalupekoa.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira nova dunha participación de Hondarribia é de 1862. En 1868 unha traiñeira da localidade vence nun desafío a outras dúas embarcacións, unha de Donostia, e a outra de Motrico. En 1891 participou con dúas traiñeiras nas regatas de Saint-Jean-de-Luz, Quedando primeira e segunda. En 1892 participou na regata de Saint-Jean-de-Luz gañandoa cunha traiñeira chamada La Coruña. En 1893 e 1895 gaña a Bandeira de Biarritz.

Non foi ata 1920 cando Hondarribia participou na Bandeira da Concha. A Traiñeira xa se chamaba Ama Guadalupekoa. Tivo varios nomes a traiñeira hondarrabitarra ata despois da guerra civil: Ondarrabittarra, Virgen del Mar, San Antonio, Ama Guadalupekoa, Elkano III.

Entre 1934 e 1935 participou na Concha con dúas traiñeiras, a da vila, e a da mariña, aínda que ao final so quedou a da mariña, e se empregou a cor actual, o verde. Entre 1940 e 1950 participou en todas as regatas da Concha, agás en 1946. Conseguiu catro bandeiras (1941, 1943, 1947 e 1948). Entre 1950 e 1960 non foron bos anos para a traiñeira local, participando so tres veces na Concha e nun par de ocasións no estatal de traineiriñas.

O ano 1960 foi fundamental para a historia do remo en Hondarribia, xa que se funda o actual club Hondarribia Arraun Elkartea. Chegaron os éxitos, gañando catro bandeiras da Concha consecutivas (1965-68) da man de José Ángel Lujambio, gañáronse tamén dúas copas do xeneralísimo (1966 e 1968) e dous grandes premios do nervión (1967 e 1968).

Foi un dos equipos fundadores da Liga San Miguel, finalizando a súa primeira edición na 7ª posición con 97 puntosNa tempada 2006, con Mikel Orbañanos como adestrador, chega a súa primeira e única Liga San Miguel e consigue a réplica da Coroa Caja Madrid.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]