Saltar ao contido

Orio Arraunketa Elkartea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Traiñeira de Orio na bandeira de San Pedro.
Traiñeira de Orio (amarela) xunto á de Laredo (vermella) na bandeira de Plentzia.

O Orio Arraunketa Elkartea é un club de remo vasco da localidade guipuscoana de Orio. A pesar de proceder dunha localidade de aproximadamente 5000 habitantes, trátase dun dos clubs de traiñeiras máis laureados do Cantábrico. Tanto a traiñeira como os remeiros compiten vestidos de cor amarela e a súa traiñeira chámase Mirotza. A súa traiñeira compite na Liga San Miguel.

A primeira referencia oficial escrita da participación dunha traeñeira de Orio remóntase ao ano 1879, na primeira edición das Regatas da Concha de San Sebastián, daquela a organización do equipo recaía na Confraría de Pescadores ou nas comisións do concello. Foi no ano 1901, cando conseguiu o seu primeiro triunfo. No período que vai dende 1879 ata 1932 os remeiros oriotarras competiron co nome da localidade, ORIO. Dende 1933 ata 1964 co de Emen Gatoxtik ORIO. É en xuño de 1965, cando se crea o Club de Remo, denominado Club de Remo Olímpico de Orio, para desenvolver as actividades de remo olímpico e banco fixo. En 1986 inscribiuse no Rexistro de Asociacións Deportivas de Euskadi co nome en éuscaro Arraunketa Elkartea (abreviado C.R.O. ou Orio A.E.)

Sen desmerecer o gran palmarés nas modalidades inferiores, traineiriña e batel, centrámonos na traiñeira, modalidade raíña e máis importante do banco fixo.

Ao longo da súa historia, o Ario Arraunketa Elkartea gañou en 31 ocasións a Bandeira da Concha, sendo o club máis laureado da regata.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Bandeira da Concha 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]