Sanpedrotarra Arraun Elkartea
Sanpedrotarra Arraun Elkartea | |
---|---|
Tipo | club de remo |
Deporte | remo |
Data de fundación | 1958 |
Localización | |
Enderezo | Kalea Torre Atze, 12 |
En | Pasai San Pedro |
País | España |
43°19′41″N 1°55′24″O / 43.328103888889, -1.923255 | |
Na rede | |
http://www.sanpedrotarra.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Sanpedrotarra Arraun Elkartea é un club de remo do barrio de San Pedro da localidade de Pasaia, Gipúscoa (Euskadi). Pasai San Pedro é, de sempre, unha das grandes potencias do remo de banco fixo. Trátase dun dos clubs máis laureados de Cantábrico e o segundo que máis Bandeiras da Concha conseguiu con 15, só por detrás de Orio que conta con 31. A súa cor é o mourado e a súa traiñeira chámase Libia.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado como tal en 1958, se ben traiñeiras da localidade levaban representando a San Pedro con éxito dende finais do século XIX. Os seus dous momentos de maior esplendor déronse, o primeiro, dende mediados da década dos anos 20 do pasado século até a Guerra Civil; e o segundo, dende a segunda metade dos oitenta até case o fin dos noventa. Só Orio o supera no palmarés xeral da Bandeira da Concha, na que conseguiron 15 triunfos, o primeiro no 1880 e o último no 1994, seis deles foron consecutivos (1927-32, inclusive) o que supón unha marca que ninguén conseguiu bater nos últimos 77 anos, un resultado que levou a sinatura do grande patriarca Manuel Arrillaga Arzak, Aita Manuel. Tras uns anos de crise ascendeu por primeira vez á Liga San Miguel no 2006[1], San Pedro foi mellorando rápido de ano en ano, até completar no 2009 unha grande campaña na que se proclamou subcampión ligueiro, logo de obter dúas bandeiras, a Naval e Fandicosta-Moaña. Ademais, foi terceiro na Concha. Na Liga San Miguel se mantén dende o seu ascenso e contribúe xunto con Koxtape e Trintxerpe a que Pasaia sexa a única localidade do Cantábrico que tivo tres representantes na máxima categoría do remo.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 4 Bandeiras da Concha: 1989, 1991, 1993 e 1994 (máis outras 11 antes de que se oficializara o club)
- 4 Campionatos de España de Traiñeiras: 1988, 1989, 1990 e 1994
- 7 Campionatos de Euskadi de Traiñeiras: 1987, 1988, 1989, 1991, 1993, 1994 e 1996
- 9 Campionatos de Gipúscoa de Traiñeiras: 1988, 1989, 1990, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997 e 2009
- 1 Bandeira de Biarritz: 1994
- 6 Grandes Premios do Nervión: 1987, 1989, 1990, 1991, 1993 e 1994
- 1 Liga de Traiñeiras: 1994
- 1 Liga Gipuscoana de Traiñeiras: 1993
- 1 Bandeira de Hendaya: 1995
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial do club Arquivado 08 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.
- Información do club na web da Liga San Miguel Arquivado 11 de decembro de 2010 en Wayback Machine.