Aita Mari Arraun Elkartea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Traiñeira de Aita Mari na bandeira da Concha de 2007.

O Aita Mari Arraun Elkartea é un club de remo da localidade de Zumaia (Guipúscoa). O seu nome é unha homenaxe ao mariñeiro local do século XIX José María Zubía, coñecido como Aita Mari, famoso por realizar numerosos salvamentos marítimos.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado o 5 de agosto de 1975, e en 1978 botouse á auga por primeira vez cunha embarcación, e dende aquela repite tódolos anos coa Telmo Deun (Santo Telmo en éuscaro).

Os seus mellores resultados deportivos chegaron na década de 1980, gañando en 1981 a Primeira Bandeira da Concha, ao mando de Claudio Etxeberria 'Gorria'. Foi un ano espectacular, xa que Zumaia gañou tódalas regatas nas que participou: traíñeira, traiñeiriñas, bateis... En total, Zumaia fíxose con 30 bandeiras. Son para lembrar as marcas acadadas ese ano por Zumaia. Nunha delas, en 24 horas, a tripulación venceu en tres regatas e apañou dúas bandeiras. Gañaron nas dúas xornadas da Ikurriña de Zarautz, e tamén venceron en Portugalete. Noutra ocasión, levaron dúas bandeiras na mesma xeira: ao mediodía, na Coruña, a Bandeira Teresa Herrera, e pola tarde, en Castropol, batendo a marca do campo de regata.

No 2005 gañou a Liga Vasca (precursora da ARC) e ascendeu á Liga ACT. Gañaron 10 bandeiras en total, delas dúas na mesmo xeira con dúas embarcacións en Pasaia. No 2006 participou por primeira vez na Liga San Miguel, rematando no 10º posto da clasificación.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]