Gustavo Ayón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gustavo Ayón
Gustavo Ayón 14 Real Madrid Baloncesto Euroleague 20171012 (1) (cropped).jpg
Astros de Jalisco  – No. 14
Información persoal
Nacemento 1 de abril de 1985 (36 anos)
Flag of Mexico.svg Tepic, México
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 113 kg (250 lb)
Posición Pivote / Ala-pivote
Información da carreira
Universidade UPAEP (2003–2006)
Carreira 2006−presente
Historial de equipos
Halcones de Xalapa (2006)
Vaqueros de Agua Prieta (2007)
Halcones de Xalapa (2007–2008)
Dorados de Playa del Carmen (2008)
Halcones de Xalapa (2008–2009)
Fuenlabrada (2009)
Marinos de Anzoátegui (2009)
Illescas (2009)
Tenerife (2009–2010)
Fuenlabrada (2010–2011)
New Orleans Hornets (2011–2012)
Orlando Magic (2012–2013)
Milwaukee Bucks (2013)
Atlanta Hawks (2013–2014)
Real Madrid (2014–2019)
Zenit San Petersburgo (2019–2020)
Astros de Jalisco (2021–presente)

Gustavo Alfonso Ayón Aguirre, nado o 1 de abril de 1985 en Tepic, Nayarit, é un xogador profesional de baloncesto mexicano que xoga para os Astros de Jalisco da Liga Mexicana. Cunha estatura de 2,08 metros xoga nas posicións de pivote e ala-pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ayón pasou os seus tres primeiros anos coma profesional xogando en México, antes de asinar co Baloncesto Fuenlabrada da Liga ACB.[1] Tras unha pequena etapa en Venezuela, Ayón regresou a España para xogar no CB Illescas e no Tenerife CB, ademais de pasar unha segunda etapa en Fuenlabrada.

En decembro de 2011, Ayón asinou un contrato de tres anos cos New Orleans Hornets da National Basketball Association (NBA).[2]

O 11 de xullo de 2012, Ayón foi traspasado ós Orlando Magic a cambio de Ryan Anderson.[3]

O 21 de febreiro de 2013, Ayón foi traspasado ós Milwaukee Bucks xunto a Ish Smith e J. J. Redick, a cambio de Beno Udrih, Doron Lamb e Tobias Harris.[4] O 25 de xullo de 2013 foi cortado polos Bucks.[5]

O 29 de xullo de 2013, asinou cos Atlanta Hawks.[6]

O 23 de setembro de 2014, Ayón asinou un contrato de dous anos co Real Madrid.[7] O 14 de xullo de 2016, renovou o seu contrato co Real Madrid por tres tempadas máis.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Baloncesto Fuenlabrada S.A.D". Baloncestofuenlabrada.com. Consultado o 2013-11-12. 
  2. "Fuentes: El mexicano Gustavo Ayón firma con New Orleans - ESPN: Deportes". Espndeportes.espn.go.com. 2008-01-01. Consultado o 2013-11-12. 
  3. "Magic Acquire Gustavo Ayon From Hornets". NBA.com. Consultado o 24 de febreiro de 2013. 
  4. "Bucks Acquire J.J. Redick, Gustavo Ayon and Ish Smith from Magic". NBA.com. Consultado o 24 de febreiro de 2013. 
  5. "Bucks Request Waivers on Gustavo Ayon". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 25 de xulllo de 2013. Consultado o 25 de xullo de 2013. 
  6. "HAWKS AWARDED GUSTAVO AYON OFF WAIVERS". NBA.com. 29 de xullo de 2013. Consultado o 29 de xullo de 2013. 
  7. "Real Madrid officially signs Gustavo Ayon to a two-year deal". Sportando.com. 23 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de setembro de 2014. 
  8. "Gustavo Ayón, hasta 2019 en el Real Madrid". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]