Saltar ao contido

Leticia Dolera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeticia Dolera

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1981 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cine, actriz de cinema, actriz de teatro, guionista, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata -
Premios

IMDB: nm1206701 Allocine: 103931 Rottentomatoes: celebrity/leticia_dolera Allmovie: p372850 TCM: 1641861
Facebook: leticiadolera Twitter: LeticiaDolera Instagram: leticiadoleraoficial BNE: XX4814786 Editar o valor en Wikidata

Leticia Dolera, nada en Barcelona o 23 de outubro de 1981, é unha actriz, guionista, directora de cine e escritora española.[1] Foi a gañadora do Festival de Series de Cannes en 2019 por Vida perfecta, da que foi actriz protagonista, creadora, directora e coguionista xunto a Manuel Burque, sendo a primeira española en obter este galardón por un audiovisual español.

É directora da longametraxe Requisitos para ser una persona normal —gañador de tres premios do Festival de Málaga en 2015 e tres nomeamentos nos Premios Goya en 2016—, das curtas "Lo siento, te quiero" —gañador no Fantastic Fest de 2010—, A ou B, Habitantes e Vuelta al mundo e das series de televisión Bloguera en construcción e Vida perfecta, gañadora do Festival de series de Cannes 2019 á mellor serie e á mellor interpretación feminina.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na súa faceta de actriz, foi a protagonista de [•REC]³: Génesis, El espejo, Prime time, Wendy placa 20957, Kënu, Violet ou Que te juegas?. Participou en series de televisión como Al salir de clase, Hospital Central, Los Serrano, Guante blanco, El barco, Cites, Bajo sospecha; en miniseries como Actrices, Atlánticas; en telefilmes, tales como Presuntos Implicados, Cuatro estaciones; e en películas como El otro lado de la cama, Semen, una historia de amor, panish Movie, De tu ventana a la mía, Holmes & Watson. Madrid Days, Los últimos días, Kamikaze, La novia, ou Verónica.

A súa traxectoria internacional inclúe papeis en películas como a holandesa "La mujer del emperador" de Julien Vrebos, a británica Imagining Argentina de Christopher Hampton, a estadounidense Un café en cualquier esquina de Ramin Bahrani, a italiana Imago Mortis de Stefano Bessoni, a miniserie francesa Petits meurtres en famille, a serie británica Mad Dogs, ou a miniserie estadounidense The Nightmare Worlds of H.G. Wells.

Apoia a industria da curtametraxe intervindo en títulos como Fábrica de muñecas, Para no dormir, Cucharada, Luna di miele, luna di sangue VII, Indirizzo, 6 x persona, Hazte extranjero, Hogar, hogar ou El palo.

Leticia Dolera na Seminci 2011

Naceu en Barcelona o 23 de outubro de 1981. Na súa formación destacan nomes como Eric Morris, con quen estudou interpretación en Los Ángeles, na escola de Juan Carlos Corazza e na de Nancy Tuñón. Tamén estudou canto con Susana Domènech, jazz con Karen Taft, danza clásica con Coco Comín e xogo e improvisación con Peter Gadish. Na actualidade reside en Madrid.

A súa traxectoria profesional comezou na serie Al salir de clase, na que interpretou o papel de Ángela entre 2000 e 2002. A partir de aí comezou a súa carreira cinematográfica na que destacan títulos como El otro lado de la cama (2002); Imagining Argentina (2002); Semen, una historia de amor (2005) ou Un café en cualquier esquina (2005), película estadounidense dirixida por Ramin Bahrani que tivo tres nomeamentos aos Independent Spirit Awards. Tamén continuou intervindo en series de televisión, entre elas Los Serrano, Hospital Central ou Guante blanco.

En 2015 escribiu, dirixiu e protagonizou a súa primeira película xunto ao actor e guionista Manuel Burque, titulada Requisitos para ser una persona normal. A película gañou no Festival de Málaga os premios a mellor guión novel, fotografía e montaxe.[2] Foi finalista dos premios Goya 2016 con tres nomeamentos: mellor actor revelación para Manuel Burque, mellor dirección novel para Dolera e mellor montaxe.[3]

Leticia Dolera en Madrid en 2016
Leticia Dolera nos Premios Goya 2018

En febreiro de 2018 publicou Morder la manzana. La revolución será feminista o no será. (editorial Planeta). É o libro -declara a autora- que a ela lle gustaría ler cando era adolescente. Trátase dun texto moi persoal onde, a través de vivencias persoais, reflexións e repaso da historia do feminismo, transmite a importancia de rebelarse contra o sistema patriarcal.[4][5]

En 2018 presentou na A Ser o programa Tramas Mestras, xunto a Pilar de Francisco e Henar Álvarez, dentro da programación estival da cadea do Grupo PRISA.[6] En setembro de 2018 foi a encargada de realizar o pregón das Festas da Mercè de Barcelona, cun discurso no que reivindicou valores como o respecto e a convivencia, defendeu unha visión feminista da cidade e reivindicou o teatro e o cine comprometido.[7][8] Dolera quixo compartir o pregón coa activista social de orixe hondureño, Carmen Juares, quen denunciou na súa intervención a explotación laboral que sofren as mulleres inmigrantes traballadoras do fogar e dos coidados.[9]

En outubro de 2019 estreouse en Movistar+ a serie Vida perfecta, protagonizada e dirixida por ela mesma.[10][11][12] Logrou dous premios en Canneseries en 2019, á mellor serie e á mellor interpretación feminina, que recaeu ex aequo nas tres protagonistas, Celia Freijeiro, Aixa Villagrán e a propia Dolera.[13][14]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoFilmeDirección
2019¿Qué te juegas?Inés de León
2017VerónicaPaco Plaza
2015La noviaPaula Ortiz
Requisitos para ser una persona normalLeticia Dolera
2013KamikazeAlex Pina
Los últimos díasAlex e David Pastor
2012Holmes & Watson. Madrid DaysJosé Luis Garci
REC 3: GénesisPaco Plaza
De tu ventana a la míaPaula Ortiz
2011KenüArancha Álvarez
2009Spanish MovieJavier Ruiz Caldera
Wendy placa 20957Mireia Ros
2008Prime TimeLuis Calvo Ramos
Imago MortisStefano Bessoni
2007Presumptes implicatsEnric Folch
2005Un café en cualquier esquinaRamin Bahrani
Semen, una historia de amorDaniela Fejerman e Inés París
2003Imagining ArgentinaChristopher Hampton
The Emperor's WifeJulien Vrebos
Besos de gatoRafael Alcázar
2002El otro lado de la camaEmilio Martínez Lázaro
2001Bellas DurmientesEloy Lozano

Televisión

[editar | editar a fonte]
AnoSerieCanlePapelNotas
2000 - 2002Al salir de claseTelecincoÁngela Illera389 episodios
2002El comisarioTelecincoInés2 episodios
2004Hospital CentralTelecincoMiriam Canalda7 episodios
2005Los SerranoTelecincoRuth Castell Capdevila11 episodios
2006Petits meurtres en familleFrance 2Victoria/ Inès4 episodios
2007Presumptes implicatsTV3EstefaníaTelefilm
Mà morta truca a la portaTV3PiliTelefilm
2008El espejoTV3 / TVGSoniaTelefilm
Guante blancoLa 1Rebeca Mendoza8 episodios
2009Wendy placa 20957TV3WendyTelefilm
2010Cuatro estacionesCanal Nou / TV3 / CMMMarionaTelefilm
2012 - 2013Mad DogsSky 1Carmen6 episodios
2013InquilinosYouTubeLeocracia1 episodio
El barcoAntena 3Marimar3 episodios
Bloguera en construcciónFlooxerNatalia8 episodios
2014Penny DreadfulShowtimeDama na sesión de espiritismo1 episodio
2015The Trials of Jimmy RoseITVMaría Rose3 episodios
CitesTV3Anna1 episodio
2016Bajo sospecha Antena 3Catherine Le Monnier5 episodios
The Nightmare Worlds of H. G. Wells Sky ArtsSt Catherine1 episodio
2017Las Supernenas BoingCristal (Voz)7 episodios
2018Paquita Salas NetflixEla mesma1 episodio
2019 - presenteVida perfecta #0María Aguado, tamén creadora e directora14 episodios
2020La casa de las floresNetflixTestemuña de voda1 episodio
En casaHBO España1 episodio
Obra
Las alegres comadres de Windsor

Curtametraxe

[editar | editar a fonte]
Curtametraxe
Luna de miele, Luna di sangue VII de Paco Plaza (2010)[15]
Cucharada de Alejandro Marzoa (2010)
La amenaza del fantasma
Pum pum, ¿quién es?
Habitaciones separadas
La bufanda verde
3X2 (directora)
Habitantes (directora)
Lo siento, te quiero (directora)
A o B (directora)
Keane - Disconnected (video oficial) de J. A. Bayona e Sergio G. Sánchez (2012)

Videoclips

[editar | editar a fonte]
AnoCanciónArtista
2016Tejados de amor[16]Ultraplayback

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Premios e candidaturas

[editar | editar a fonte]

Premios Sant Jordi[17]

AnoCategoríaPelículaResultado
2012Mellor actriz españolaREC 3: Génesis
De tu ventana a la mía
Gañadora

Premios Turia

AnoCategoríaPelículaResultado
2013Mellor actrizREC 3: GénesisGañadora

Festival de Málaga

AnoCategoríaPelículaResultado
2015Mellor guionista novelRequisitos para ser una persona normalGañadora
Festival Internacional de Cine de Huesca[18]
AnoPremioResultado
2017Premio Ciudad de HuescaGañadora

Premios Goya

AnoCategoríaPelículaResultado
2016Mellor directora novelRequisitos para ser una persona normalCandidata

Círculo de Escritores Cinematográficos[19]

AnoCategoríaPelículaResultado
2015Mellor director revelaciónRequisitos para ser una persona normalCandidata

Unión de Actores

AnoCategoríaPelículaResultado
2014Mellor actrizVioletCandidata


  1. Sancho, X. (2018). "Me molesta lo de las damas primero". El País, jueves, agosto 30, p. 40, sección Conversaciones a la Contra. (Consultado martes, 7 de enero del 2020)
  2. "Palmarés del 18 Festival de Málaga. Cine Español". 25 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2020. Consultado o 7 de febreiro de 2016.
  3. "Goya 2016". Consultado o 9 de agosto de 2017.
  4. SER, Cadena (27 de febreiro de 2018). "Leticia Dolera: "Se nos llama putas si gozamos de nuestra sexualidad o monjas cuando decimos no"". Hoy por hoy (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2018. Consultado o 27 de febreiro de 2018.
  5. "'Morder la manzana', el libro feminista de Leticia Dolera que grita contra el patriarcado y el machismo". laSexta.com (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2018.
  6. "Leticia Dolera estrena 'Tramas maestras' dentro de la programación de verano de la Cadena SER". Cadena SER. 8 de junio de 2018. Consultado o 9 de julio de 2018.
  7. "Mercè 2018: El pregón feminista de Leticia Dolera y Carmen Juares". 21 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2019. Consultado o 27 de agosto de 2019.
  8. Piñol, Àngels (23 de setembro de 2018). "La actriz Leticia Dolera pide a Barcelona que abra los ojos". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 1 de agosto de 2018.
  9. "La actriz Leticia Dolera y la trabajadora migrante Carmen Juárez comparten pregón de la Mercé para reivindicar "la Barcelona invisibilizada y feminista"". eldiario.es. 21 de setembro de 2018. Consultado o 27 de agosto de 2019.
  10. Fernández-Santos, Elsa (18 de outubro de 2019). "Crítica | ‘Vida perfecta’, de Leticia Dolera: Feminismo para principiantes". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 21 de outubro de 2019.
  11. Belinchón, Gregorio (23 de setembro de 2019). "“Es curioso cómo ansiamos lo que no tenemos”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 26 de outubro de 2019.
  12. Salazar, Octavio (25 de outubro de 2019). "Querer no siempre es poder". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 26 de outubro de 2019.
  13. "Leticia Dolera, sobre 'Vida perfecta': "Claro que hay sexo; a las mujeres el placer también nos atraviesa"" (en castelán). 18 de outubro de 2019. Consultado o 26 de outubro de 2019.
  14. "Leticia Dolera celebra por todo lo alto el estreno de su serie "Vida Perfecta" - Hola, 21 de outubro de 2019". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2022. Consultado o 26 de febreiro de 2022.
  15. http://www.youtube.com/watch?v=mumvY0j0nwE
  16. http://www.youtube.com/watch?v=zFr6v4W5Ao8
  17. Leticia Dolera fañou o Premio Sant Jordi á mellor actriz por 'REC 3: Génesis', de Paco Plaza, e 'De tu ventana a la mía', de Paula Ortiz
  18. "Leticia Dolera, premio Ciudad de Huesca, defiende fervientemente el papel de la mujer". www.radiohuesca.com. Consultado o 1 de xullo de 2017.
  19. "Nominaciones a los premios de la crítica. 72 edición de las medallas CEC". Círculo de Escritores Cinematográficos. Consultado o 6 de xaneiro de 2018.