Celia Freijeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Celia Freijeiro
Celia Freijeiro - Seminci 2015.jpg
Freijeiro no 2015
Nome completo Celia Freijeiro García
Nacemento 9 de febreiro de 1983 (35 anos)
Lugar Vigo, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Profesión Actriz e produtora
editar datos en Wikidata ]

Celia Freijeiro García, nada en Vigo o 9 de febreiro de 1983, é unha actriz e produtora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou os estudos secundarios no IES Santo Tomé de Freixeiro, onde se iniciou como actriz no grupo teatral. No 2001 marchou aos EUA a estudar o bacharelato e a proba de acceso á universidade. Tras regresar a Galicia no 2004, marchou a Madrid a comezar a formación teatral no Centro Dramático Nacional. Traballou con numerosos ilustres do cine, teatro e televisión e rodou en diversos países e cidades de Canadá, Estados Unidos e Italia.

Leva facendo teatro dende o 2002 e ten participado en numerosas series de televisión, sendo unha das protagonistas de Amistades peligrosas (Cuatro) e varias películas, destacando Días azuis. Figurou como xurado na primeira edición do concurso nacional de teatro breve Cervantes.

En 2007 fundou a súa propia produtora, PocaPena Producciones. Celia xa producira no 2005 a obra de Paloma Pedrero El Color de Agosto. Entre as producións teatrais de Pocapena atópanse La Música de Marguerite Duras e Palabra de Perro de Juan Mayorga. Actualmente Pocapena iníciase no mundo do management artístico co pintor Rafael Freijeiro, pai da actriz.

Televisión[editar | editar a fonte]

Películas[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • El color de agosto, de Paloma Pedrero (2006). Dirixida por Marta Álvarez; protagonizada e producida por ela.
  • La música, de Margueritte Duras (2008). Dirixida por Marta Álvarez; protagonizada e producida por ela. (Pocapena Producciones).
  • El León en invierno, de James Goldman. Dirixida por Juan Carlos Perez de la Fuente.
  • El Dulce Peso de la Decadencia, de Garrigues Walker. Dirixida por Juan Carlos Perez de la Fuente.
  • Noches de Monólogos, de Adan Black. Dirixida por Alan Black.
  • El Imaginario de Cervantes, de Sonia Sebastián, baseada nos personaxes de Miguel de Cervantes. Dirixida por Sonia Sebastián. Cámara Cervantes/ Pocapena Producciones.
  • Sopa de Colibrí, de Ariel Capone. Dirixida por Sonia Sebastián. Teatro de Cámara Cervantes. (Microteatro Por Dinero).

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2012 Mellor actriz Todo é silencio Nomeada

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]