Verónica é un filme español de terror española estreado en 2017, dirixido por Paco Plaza. Para a súa realización, o director contou con catro novos debutantes: Sandra Escacena, Bruna González, Claudia Placer e Iván Chavero, ademais da coñecida actriz Ana Torrent.[1]
O guión de Paco Plaza e Fernando Navarro está inspirado nunha historia real (o expediente Vallecas), que tivo lugar nos anos 90 en Vallecas, Madrid.
Madrid, anos 90. Barrio de Vallecas. Despois de xogar cunha ouija coas súas compañeiras, Verónica comeza a sufrir ameazas por elementos sobrenaturais na súa casa, que queren facerlle dano a ela e aos seus.[2]