Eloy Lozano
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
Eloy Lozano | |
---|---|
Nacemento | 1953 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | 14 de abril de 2009 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Causa | infarto |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | director de cinema |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eloy Lozano Coello, nado en Ourense en 1953 e finado o 13 de abril de 2009 en Santiago de Compostela, foi un director de cine galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Ciencias do Cine, Televisión e Fotografía na Universidade Complutense de Madrid e durante os seus estudos, en 1973, roda o primeiro filme en 35 mm rodado en galego, Retorno a Tagen Ata, baseado nun conto de Xosé Luís Méndez Ferrín. Nos anos oitenta realizou traballos anovadores como Numeralia ou Catro escultores e nos noventa regresou á dirección ao rodar Belas dormentes (1999), onde adaptou unha novela de Yasunari Kawabata. Posteriormente realizou unha serie de televisión sobre arquitectura contemporánea, titulada Idea e Territorio e máis o documental Quen son? (2008) onde reflexionaba sobre a identidade galega.
Pero a súa relación coa cinematografía ía máis aló da dirección. Foi el quen impulsou a restauración do filme O carro e o home, rodado en 1941, e quen realizou a montaxe galega onde o texto está narrado por Xaquín Lorenzo. Fundou a produtora Off Filmes e fundou e foi o primeiro director do Festival de cinema independente de Ourense.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Faleceu dun infarto.