Paquita Salas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Paquita Salas
FormatoSerie de televisión
Creado porJavier Calvo
Javier Ambrossi
Dirixido porJavier Calvo
Javier Ambrossi
IntérpretesBrays Efe
Belén Cuesta
Lidia San José
Álex de Lucas
Mariona Terés
Yolanda Ramos
Anna Castillo
Belinda Washington
Terelu Campos
Tema de apertura¡Ay Paquita!
País de orixeEspaña
Lingua(s)Castelán
Temporadas3
Episodios16 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Roberto López Lafuente
Duración30 minutos (aprox.)
DistribuidorNetflix
Emisión orixinal
Canle de orixeFlooxer (tempada 1)
Netflix icon.svg Netflix (tempadas 2 e 3)
Primeira emisión6 de xullo de 2016
Na rede
IMDB: tt5866074 Filmaffinity: 129408 Allocine: 21181 Netlix: 80195828Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Paquita Salas é unha serie española dirixida e guionizada por Javier Calvo e Javier Ambrossi. Está protagonizada por Brays Efe que interpreta a Paquita Salas. Trátase dunha serie cómica que se estreou a través da plataforma Flooxer (Atresmedia). Debido á boa aceptación que tivo a súa preestrea, a serie tamén se emitiu na canle Neox.[1][2] Dende outubro de 2017, Netflix posúe os dereitos exclusivos da serie, desaparecendo de Flooxer.[3][4]

A segunda tempada estreouse en Netflix o 29 de xuño de 2018,[5] e a terceira estreouse o 28 de xuño de 2019.[6] Non se descartou unha cuarta tempada, pero "haberá que agardar".[7]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Paquita Salas era a mellor representante dos anos 90 e, aínda que agora todo cambiou, ela non. Cando Macarena García, a súa actriz máis coñecida, a abandona inesperadamente, o mundo de Paquita esborrállase. Xunto con Magüi (Belén Cuesta), a súa inseparábel asistenta, e Álex, un repartidor que acabará converténdose en parte da familia, Paquita lánzase desesperada ao descubrimento dun novo talento. Unha busca que a levará a atopar o seu oco na profesión e no mundo.

Tempadas[editar | editar a fonte]

Tempadas Episodios Emisión orixinal Plataforma
Estrea Final
1 5 6 de xullo de 2016 25 de outubro de 2016 Flooxer
2 5 29 de xuño de 2018 Netflix
3 6 28 de xuño de 2019

Elenco[editar | editar a fonte]

Listaxe do elenco principal de Paquita Salas
Actor/actriz Personaxe Tempadas
1 2 3
Brays Efe Paquita Salas Principal
Belén Cuesta Magüi Moreno Principal
Lidia San José Lidia San José Principal
Álex de Lucas Álex de Lucas Principal Recorrente
Mariona Terés Mariona Terés Principal
Yolanda Ramos Noemí Argüelles Invitada Principal
Anna Castillo Belén de Lucas Invitada Principal
Belinda Washington Belinda Washington Invitada Principal
Terelu Campos Bárbara Valiente Invitada Principal

Premios e candidaturas[editar | editar a fonte]

Premios Feroz[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Candidatos Resultado
2017 Mellor serie de comedia Paquita Salas Gañadora
Mellor actor protagonista dunha serie Brays Efe Gañador
Mellor actriz secundaria dunha serie Belén Cuesta Gañadora
2019 Mellor serie de comedia Paquita Salas Candidata
Mellor actor protagonista dunha serie Brays Efe Candidato
Mellor actriz secundaria dunha serie Belén Cuesta Candidata
Lidia San José Candidata
2020 Mellor serie de comedia Paquita Salas Candidata
Mellor actor protagonista dunha serie Brays Efe Candidato
Mellor actriz secundaria dunha serie Belén Cuesta Candidata
Yolanda Ramos Gañadora

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrevista con Brays Efe, el hombre detrás de 'Paquita Salas'". La Vanguardia. 28 de novembro de 2016. Consultado o 14 de abril de 2020. 
  2. "El fenómeno 'Paquita Salas', de la web a Neox". El Periódico. 28 de agosto de 2016. Consultado o 14 de abril de 2020. 
  3. elEconomista.es (27 de setembro de 2017). "'Paquita Salas' llega a Netflix: los capítulos ya no se verán en Flooxer - Ecoteuve.es" (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2020. 
  4. "Netflix se hace con 'Paquita Salas': ¿encargará la segunda temporada? - Odi O'Malley". Odi O'Malley (en castelán). 27 de setembro de 2017. Consultado o 14 de abril de 2020. 
  5. "Crítica de 'Paquita Salas': La joya milenial se consagra y cierra su 2ª temporada con un final apoteósico". FormulaTV (en castelán). 28 de xuño de 2018. Consultado o 14 de abril de 2020. 
  6. "Confirmada una 3ª temporada para Paquita Salas". Ecoteuve (en castelán). 23 de maio de 2018. Consultado o 14 de abril de 2020. 
  7. Olazabal, Maritxu (9 de xullo de 2019). "La temporada 4 de ‘Paquita Salas’ se hará esperar". Medium (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]