Kostiantyn Bohachevskyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Костянтин Богачевський
Kostiantyn Bohachevskyi
Arcebispo da Igrexa Católica Ucraína
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1884 en Manaiv (Ucraína)
Pasamento6 de xaneiro de 1961 en Filadelfia (Estados Unidos)
Ordes
Ordenación sacerdotal31 de xaneiro de 1909
Consagración episcopal15 de xuño de 1924, por Yosafat Kotsylovskyi
Arcebispo metropolitano de Filadelfia
1958 - 1961
PredecesorSoter Stefan Ortynskyi
SucesorAmbrosii Senyshyn
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Kostiantyn Bohachevskyi[1] (en ucraíno: Костянтин Богачевський), nado o 17 de xuño de 1884 en Manaiv (Ucraína) e finado o 6 de xaneiro de 1961 en Filadelfia (Estados Unidos) foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, 1º metropolita de Filadelfia entre 1958 e 1971.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 17 de xuño de 1884 en Manaiv (entón no Reino de Galicia e Lodomeria, hoxe Ucraína).[2] O 31 de xaneiro de 1909 foi ordenado sacerdote en Lviv polo arcebispo Andrei Sheptytskyi.[2] Entre 1923 e 1924 foi vigairo xeral de Przemyśl.[2] O 20 de maio de 1924 foi nomeado exarca apostólico dos Estados Unidos e bispo titular de Amisus.[2] Recibiu a consagración episcopal o 15 de xuño en Roma, de mans do bispo de Przemyśl, Yosafat Kotsylovskyi, e tivo como co-consagradores principais ao exarca de Constantinopla Isaias Papadopoulos e ao bispo de Križevci Dionizije Njaradi.[2]

O 5 de abril de 1954 foi nomeado arcebispo, recibindo a sé titular de Beroë.[2] O 10 de xullo de 1958 foi nomeado metropolita de Filadelfia.[2] Finou en Filadelfia o 6 de xaneiro de 1961.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén romanizado como Bohačevskyj, Bohachevsky e Bochaczewśkyj.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Blazejowskyj, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. pp. 354–355. OCLC 22834909. 
Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Soter Stefan Ortynskyi
 Exarca Apostólico dos Estados Unidos 
1924 - 1958
Sucesor:
(Elevación da sé)
Predecesor:
(Elevación da sé)
 Arcebispo de Filadelfia 
1958 - 1961
Sucesor:
Ambrosii Senyshyn