Ivan Buchko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Іван Бучко
(Ivan Buchko)
Arcebispo da Igrexa Católica Bizantina Ucraína
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1891 en Hermanów, Galicia
Pasamento21 de setembro de 1974
Ordes
Ordenación sacerdotal21 de febreiro de 1915, por Lazar Mladenov
Consagración episcopal20 de outubro de 1929, por Andrei Sheptytskyi
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Ivan Buchko (en ucraíno: Іван Бучко), nado o 1 de outubro de 1891 en Hermanów (Galicia) e finado o 21 de setembro de 1974, foi un eclesiástico católico ucraíno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de campesiños ucraínos, fillo de Hryhorii e Horpyna, en 1891 en Hermanów (entón parte de Austria-Hungría, hoxe en Ucraína). O 21 de febreiro de 1915 foi ordenado sacerdote en Roma polo bispo búlgaro Lazar Mladenov para a arquieparquía de Lviv.[1] Entre 1922 e 1929 foi reitor do seminario menor de Lviv.

O 16 de setembro de 1929 foi nomeado bispo auxiliar da arquieparquía de Lviv e bispo titular de Cadi. Recibiu a consagración episcopal de mans do metropolita de Galicia Andrei Sheptytskyi o 20 de outubro seguinte. Entre 1939 e 1940 foi tamén visitador apostólico para os fieis ucraínos da Arxentina e do Brasil.

O 17 de abril de 1940 foi nomeado bispo auxiliar do exarcado apostólico dos Estados Unidos de América, até a súa renuncia o 28 de xullo de 1945. Entre 1945 e 1971 foi visitador apostólico para os fieis ucraínos de Europa Occidental.

O 27 de abril de 1953 foi nomeado arcebispo titular de Leucas. Nos anos 60 participou como padre conciliar no Concilio Vaticano II. O 29 de setembro de 1971 retirouse con 80 anos. Finou en Roma o 21 de setembro de 1974.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Українська журналістика в іменах: Матеріали до енциклопедичного словника (en ucraíno). Vol. 7. Lviv. 2000. pp. 40–41.