Petro Poniatyshyn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Петро Понятишин
Petro Poniatyshyn
Sacerdote da Igrexa Católica Ucraína
Biografía
Nacemento 15 de xullo de 1877
Pasamento 4 de febreiro de 1960 en Skokie (Estados Unidos)
Ordes
Ordenación sacerdotal 11 de xullo de 1902, por Andrei Sheptytskyi
Administrador apostólico dos Estados Unidos
1916 - 1924
Predecesor Soter Stefan Ortynskyi
Sucesor Kostiantyn Bohachevskyi

Petro Poniatyshyn (en ucraíno: Петро Понятишин), nado o 15 de xullo de 1877 e finado en Skokie o 4 de febreiro de 1960 en Chicago (Estados Unidos) foi un sacerdote grecocatólico ucraíno, administrador apostólico do exarcado dos Estados Unidos entre 1916 e 1924.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en 1880.[1] Estudou no Collegium Cannisianum de Innsbruck a partir de 1901, e o 11 de xullo de 1902 foi ordenado sacerdote polo metropolita Andrei Sheptytskyi.[1] Rematou os seus estudos en 1903 no Instituto Patrístico Augustinianum.[1]

Coa morte de Soter Stefan Ortynskyi en 1916, foi nomeado en marzo administrador apostólico do exarcado dos Estados Unidos, cargo no que permaneceu até 1924.[1] Finou en Skokie o 4 de febreiro de 1960.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Blazejowskyj, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. p. 354. OCLC 22834909.