Exarcado apostólico católico grego de Constantinopla
Exarcado apostólico de Constantinopla Exarchatus Apostolicus Constantinopolitanus | |
---|---|
Datos xerais | |
Erixida | 11 de xuño de 1911 |
Información | |
Igrexa particular | Igrexa Católica Bizantina Grega |
Ritos | Bizantino |
Xerarquía | |
Papa | Francisco |
Exarca | (sé vacante) |
O exarcado apostólico de Costantinopla (en latín: Exarchatus Apostolicus Constantinopolitanus) é unha diocese da Igrexa Católica Bizantina Grega inmediatamente suxeita á Santa Sé. A sé está vacante dende 1957, e en 2010 tiña só 25 bautizados.
Territorio[editar | editar a fonte]
O exarcado apostólico estende a súa xurisdición sobre todos os fieis católicos bizantinos (agás os melquitas) residentes en Turquía. Existe unha única parroquia.
Historia[editar | editar a fonte]
O exarcado apostólico foi erixido o 11 de xuño de 1911. A sé está vacante dende 1957, e o último sacerdote de rito bizantino grego en Turquía finou en 1997.
O exarcado está administrado polos vigairos apostólicos de rito latino de Istambul.
Episcopoloxio[editar | editar a fonte]
- Georgios Chalavazis (13 de xullo de 1920 - 11 de xuño de 1932, nomeado exarca de Grecia)
- Dionisio Leonida Varouhas (11 de xuño de 1932 - 28 de xaneiro de 1957, finado)