Julius Evola
Julius Evola | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Giulio Cesare Andrea Evola |
Nacemento | 19 de maio de 1898 |
Lugar de nacemento | Roma |
Falecemento | 11 de xuño de 1974 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrado | Campo di Verano |
Nacionalidade | Italia e Reino de Italia |
Etnia | Pobo italiano |
Relixión | Neopaganismo |
Alma máter | ITI L.Da Vinci e Universidade de Roma La Sapienza |
Ocupación | poeta, escritor, pintor, filósofo e montañista |
Coñecido por | Revolt Against the Modern World, The Hermetic Tradition : symbols and teachings of the royal art, The Mystery of the Grail, Eros and the Mysteries of Love, Raâga Blanda, Synthesis of the Doctrine of Race, The Aryan Doctrine of Battle and Victory e Orientamenti |
Na rede | |
https://www.fondazionejuliusevola.com/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Giulio Cesare Andrea Evola, coñecido como Julius Evola, nado en Roma o 19 de maio de 1898 e finado o 11 de xuño de 1974, foi un pensador italiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na súa xuventude interesouse na pintura e a poesía seguindo o estilo dadaísta e futurista pasando por un período de anticristianismo acérrimo que se foi moderando co paso do tempo.
Entre 1924 e 1926 colaborou coas revistas Ultra, Bilychnis, lgnis e Atanor. Entre os anos 1927 e 1929 desenvolveu o seu interese polo esoterismo e foi dende 1927 a 1929 parte do chamado Grupo de Ur, dentro deste publicara varios traballos co pseudónimo de Ea.
Faleceu por mor dun paro cardiorrespiratorio no seu apartamento en Roma. Foi incinerado e seguindo a súa vontade súas cinsas foron diseminadas na cima do Monte Rosa.
Pensamento[editar | editar a fonte]
As súas posicións políticas, próximas ó fascismo e o nazismo, foron moi apreciadas por Benito Mussolini, quen lle preferiu en vez a Giovanni Gentile como teórico do fascismo. A radicalidade cada vez maior do pensamento de Evola valeulle a suspensión dalgunha das súas publicacións en Italia e a desconfianza das xerarquías nazis en Alemaña. Tras a segunda guerra mundial mantivo a súa influencia no pensamento conservador e neofascista europeo, en institucións como o Centro Studi Evoliani (Centro de Estudos Evolianos) o no (Centro Studi Ordine Nuovo) de Pino Rauti e Enzo Erra. Non obstante, a súa produción filosófica está moi lonxe de reducirse á política; foi un gran analista do seu tempo en cuestións tan dispares como a metafísica (na que adoptou unha persoal visión de corte gnóstico), a crise das ciencias ou a perda de valores.
Obras principais[editar | editar a fonte]
- Imperialismo pagano
- Saggi sull' idealismo magico.
- Fenomenologia dell'individuo assoluto.
- Teoria dell' individuo assoluto.
- Lo Yoga della potenza.
- Rivolta contro il mondo moderno.
- Cavalcare la tigre
- Metafisica del sesso
- Il Mistero del Graal e la tradizione ghibellina dell'Impero.