Tristan Tzara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tristan Tzara
Tristan Tzara.jpg
Nome completoSamuel Rosenstock
Nacemento16 de abril de 1896 e 4 de abril de 1896
Lugar de nacementoMoinești
Falecemento25 de decembro de 1963 e 24 de decembro de 1963
Lugar de falecementoVII Distrito de París
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeRomanía e Francia
EtniaRomanian Jews
Ocupacióncoleccionista de arte, poeta, escritor, diplomático, director de cinema, tradutor, dramaturgo, ensaísta, compositor, músico, performance artist, crítico literario, membro da resistencia francesa, debuxante, fotógrafo e activista
CónxuxeGreta Knutson-Tzara
FillosChristophe Tzara
Coñecido porHandkerchief of Clouds
Na rede
IMDB: nm0879262 Allocine: 37923
Musicbrainz: 4f3fe3d6-ff99-4b4b-926c-baec6d2bfd25 Discogs: 195294 WikiTree: Rosenstock-31 Find a Grave: 1233 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Tristán Tzara por Lajos Tihanyi.
Tumba de Tristán Tzara.

Samuel Rosenstock, nado en Moineşti o 16 de abril de 1896 e finado en París o 25 de decembro de 1963, foi un escritor francés de orixe romanesa, máis coñecido polo pseudónimo de Tristan Tzara.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Residiu case toda a vida en Francia. Foi un dos autores máis importantes do movemento Dada, que fundou xunto con Hans Arp e Hugo Ball, unha corrente revolucionaria na literatura que anticipou as actitudes do surrealismo.

O movemento dadaísta orixinouse en Zürich, durante a I Guerra Mundial. Tzara escribiu os primeiros textos Dada — La Première Aventure céleste de Monsieur Antipyrine ("A primeira aventura celeste do señor Antipyrine", 1916) e Vingt-cinq poèmes (1918), así como os manifestos do movemento: Sept manifestes Dada ("Sete manifestos Dadá", 1924). En París organizou, cos seus compañeiros de movemento, espectáculos na rúa cheos de absurdismo para "épater le bourgeois" (escandalizar a burguesía) e deulle un poderoso impulso á escena dadaísta.

A finais de 1929 embarcouse no daquela recentemente inaugurado movemento surrealista de André Breton, Louis Aragon e outros autores. Dedicou gran esforzosa intentar conciliar as doutrinas filosóficas nihilistas e sofisticadas do movemento coa súa propia afiliación marxista. Participou activamente no desenvolvemento dos métodos de escritura automática, entre eles o collage e o cadáver exquisito. Desa época data o seu libro L'Homme approximatif ("O home aproximado", 1931).

Durante a II Guerra Mundial incorporouse á resistencia francesa. Tras obter a cidadanía en 1947, afiliouse ao Partido Comunista Francés. A súa militancia estenderíase ata 1956, cando, tras a invasión de Hungría polas tropas sovéticas para apagar a revolta popular, apartouse do partido. A súa obra da época é complexa, aínda que máis convencional que na súa xuventude. Nela salientan Parler seul ("Falar só", 1950) e La face intérieure ("A face interior", 1953).

Morreu en decembro de 1963 en París e foi enterrado no cemiterio de Montparnasse.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La première aventure céléste de Mr Antipyrine (A primeira aventura celeste do Sr. Antipyrine), 1916
  • Vingt-cinq poèmes, 1918
  • Primeiro manifesto dadá, 1918
  • "Anthologie Dada" (15 de maio de 1919) Dada (4/5)[1]
  • Cinéma calendrier du coeur abstrait (Cinema calendario do corazón abstraído), 1920
  • Sept manifestes dada (Sete manifestos dadá), 1924
  • De nos oiseaux, Poèmes (Sobre os nosos paxaros), 1929
  • L'homme approximatif (O home aproximado), 1931
  • Où boivent les loups (Onde beben os lobos), 1933
  • Midis gagnés: poèmes (Mediodías gañados), 1939
  • Le Surréalisme et l’Après-guerre, 1947
  • Entre-temps, 1946
  • La fuite : poème dramatique en quatre actes et un épilogue, 1947
  • Le Fruit permis: poèmes, 1947
  • Parler seul (Falar só), 1950
  • La face intérieure (A face interior), 1953
  • La Rose et le chien (A rosa e o can), 1958

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sanouillet, Michel (2005). "Bibliographie". Dada à Paris. CNRS. pp. 574–629. ISBN 9782271091277. doi:10.4000/books.editionscnrs.8835. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.