A Victoria foi unha nao ou carraca construída no século XVI pola monarquía hispana para a navegación oceánica. A Victoria foi a primeira nave en circunnavegar a terra. Foi construída para a chamada «Armada da especiería» ou «Armada de Magallanes» sendo o único navío que deu a volta ao mundo (1519-1522) ao mando de Juan Sebastián Elcano.
A nao Victoria armouse nos estaleiros de Ondarroa (País Vasco). Non queda documentación do estaleiro nin da súa construción ou planos. O nome vén da igrexa de Santa María da Victoria de Triana (Sevilla). Alí foi onde Fernão de Magalhães xurou servizo ao rey Carlos I. Tiña unha capacidade de carga de 85 toneis viscaínos (102 toneladas). Tivo un custo de 300000 marabedís, incluíndo o bote e o aparello. No inicio da expedición contaba cunha tripulación de 45 homes: 9 oficiais, 11 mariños, 3 artilleiros, 10 grumetes, 2 paxes e outros 10 homes máis entre criados do capitán e outros viaxeiros.