Saltar ao contido

João Ubaldo Ribeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoão Ubaldo Ribeiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt-br) João Ubaldo Osório Pimentel Ribeiro Editar o valor en Wikidata
23 de xaneiro de 1941 Editar o valor en Wikidata
Itaparica, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xullo de 2014 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Causa da morteembolia pulmonar Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Federal da Bahia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, novelista, escritor de ciencia ficción, xornalista, escritor de literatura infantil Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoLiteratura infantil e xuvenil Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosBento Ribeiro Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0722882 BNE: XX855419 Editar o valor en Wikidata

João Ubaldo Osório Pimentel Ribeiro, coñecido como João Ubaldo Ribeiro, nado na illa da Itaparica (Bahia) o 23 de xaneiro de 1941 e finado no Río de Xaneiro o 18 de xullo de 2014 foi un escritor brasileiro gañador do Premio Camões en 2008.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xuventude

[editar | editar a fonte]

Nado en Baía na casa do avó materno, cando completou dous meses de idade a familia mudouse para Aracaju, Sergipe, onde pasou parte da infancia. Seu pai, Manuel Ribeiro, avogado de renome na capital, veu a ser o fundador e director dos estudos de Dereito da Universidade Católica de Salvador. Súa nai Maria Filipa Osório Pimentel deu á luz dous fillos máis: Sônia Maria e Manuel.

Incentivado por seu pai leu autores como o Padre Antônio Vieira, o Padre Manuel Bernardes, Shakespeare, Homero, Miguel de Cervantes, Machado de Assis e José de Alencar, entre outros, que o influenciaron desde a tenra idade.[2]

Formación

[editar | editar a fonte]

Seu pai, por ser profesor, non soportaba a idea de ter un fillo analfabeto e João iniciou os seus estudos cun profesor particular, en 1947. Alfabetizado, ingresou no Instituto Ipiranga, en 1948, ano en que leu moitos libros infantís, principalmente a obra de Monteiro Lobato. O pai de João sempre fora esixente, o que fixo que o neno se empeñase intensamente nos estudos.

En 1951 ingresou no Colexio Estadual Atheneu Sergipense, en Aracaju. Prestaba ao pai, diariamente, contas sobre os textos que lera e algunhas veces era obrigado a resumir e traducir algúns dos seus fragmentos. Afirma ter feito esas tarefas con pracer e, nas vacacións, estudaba tamén o latín. Seu pai era xefe da Policía Militar, e nesa época, pasa a sufrir presións políticas, o que o fai trasladarse coa familia para Salvador. Na capital João Ubaldo é matriculado no Colexio Sofia Costa Pito. En 1955 matriculouse no curso clásico do Colexio da Bahia, coñecido como Colexio Central, onde coñeceu o seu compañeiro Glauber Rocha. En 1958 iniciou os estudos de Dereito na Universidade Federal da Bahia, que concluiría en 1962. En 1959, entrou para o curso do Centro de Preparación de Oficiais da Reserva do Exército no CPOR da Bahia., mais non chegou a completalo: escollido para compor un grupo de estudantes convidado para unha viaxe para os Estados Unidos, na volta ao cuartel foi inxustamente desligado.[3]

En 1964, João Ubaldo parte para os Estados Unidos cunha bolsa de estudos concedida polo goberno daquel país para facer seu mestrado en Ciencia Política na Universidade do Sur da California.

En 1957 estréase no xornalismo, traballando como reporteiro no Jornal da Bahia, sendo despois trasladado para a Tribuna da Bahia, onde chegaría a exercer o posto de editor xefe. Editou xuntamente con Glauber Rocha, revistas e xornais culturais e participou do movemento estudantil (1958). A pesar de nunca exercer a profesión de avogado, foi alumno exemplar. Nesa mesma Universidade, concluído o curso de Dereito, fixo o posgrao en Administración Pública.

João Ubaldo Ribeiro colaborou nos xornais O Globo, Frankfurter Rundschau (na Alemaña), Jornal da Bahia, Die Zeit (Alemaña), The Times Literary Supplement (Inglaterra), O Jornal (Portugal), Jornal de Letras (Portugal), O Estado de S. Paulo, A Tarde e moitos outros, exteriores e brasileiros.

Vida persoal e viaxes

[editar | editar a fonte]
João Ubaldo Ribeiro durante a recepción « O Rei da Noite » na illa e cidade de Itaparica

O seu primeiro casamento foi en 1960 con Maria Beatriz Moreira Caldas, a súa compañeira na Facultade de Dereito. Separáronse tras nove anos de vida conxugal. João pasou boa parte da súa vida no exterior, en países como nos Estados Unidos (como estudante e, posteriormente, como profesor convidado), en Portugal (editando conxuntamente co xornalista Tarso de Castro a revista Careta) e na Alemaña (publicando crónicas semanais para o xornal Frankfurter Rundschau, alén de producir pezas para o radio).

En 1964 partiu para os Estados Unidos, a través dunha bolsa de estudos conseguida grazas á Embaixada norteamericana, para facer o seu mestrado en Administración Pública e Ciencia Política na Universidade da California do Sur.[4] Na súa ausencia, tivo até a súa fotografía divulgada pola televisión baiana, marcada coa palabra Procúrase.

Volveu ao Brasil en 1965 e comezou a explicar Ciencias Políticas na Universidade Federal da Bahia. Alí permaneceu por seis anos, mais desistiu da carreira académica e retornou ao xornalismo. En 1969 casou coa historiadora Mônica Maria Roters, con quen tivo dúas fillas, Emília e Manuela. O casamento acabaría en 1978. En 1980 casou coa psicanalista Berenice Batella, con quen tivo dous fillos, Bento e Francisca. Participou, en Cuba, do xurado do concurso Casa das Américas, xuntamente co crítico literario Antônio Cândido e o actor e dramaturgo Gianfrancesco Guarnieri. O primeiro premio fora concedido á brasileira Ana Maria Machado. Residindo en Portugal editou co xornalista Tarso de Castro, a revista Careta.

Volveu a residir no Río de Xaneiro en 1991 e, en 1994, é elixido para a Academia Brasileira de Letras. Participou o mesmo ano na Feira do Libro de Frankfurt, Alemaña, recibindo o Premio Anna Seghers, concedido soamente a escritores alemáns e latinoamericanos.

Carreira literaria

[editar | editar a fonte]

En 1959 participou da antoloxía Panorama do Conto Baiano, co conto Lugar e Circunstância; a antoloxía foi publicada pola Prensa Oficial da Bahia. Nese período traballou na Prefectura de Salvador como office-boy do Gabinete e inmediatamente como redactor do Departamento de Turismo. En 1961, participou da colectánea de contos Reunião, editada pola Universidade Federal da Bahia, cos contos Josefina, Decalião e O Campeão

En 1963 escribiu a súa primeira novela, Setembro Não Faz Sentido, con prefacio do compañeiro Glauber Rocha e apadriñamento de Jorge Amado. O título orixinal sería A Semana da Pátria, mais por suxestión da editora, João alterou o título. A Editora Civilização Brasileira lanza, en 1971, a novela Sargento Getúlio, feito que garantiu a João o Premio Jabuti de 1972 concedido pola Cámara Brasileira do Libro, na categoría "Revelación de Autor". Segundo a crítica da época, o libro contén o mellor de Graciliano Ramos e o mellor de Guimarães Rosa.

Publicou, en 1974, o libro de contos Vencecavalo e o outro povo, cuxo título inicial era A guerra dos Pananaguás, na Editora Artenova. Con tradución feita polo propio autor, varias novelas fixéronse famosas no exterior, entre elas o Sargento Getúlio que, lanzado nos Estados Unidos en 1978, gañou receptividade pola crítica do país. En 1981 múdase para Lisboa, Portugal e, volvendo ao Brasil, publica Política - libro aínda adoptado en facultades e republicado como Já Podeis da Pátria Filhos -, alén de iniciar a colaboración no xornal O Globo. A súa produción xornalística nesa época foi reunida en 1988 no libro Sempre aos Domingos.

En 1982 inicia a novela Viva o Pobo Brasileiro (titulado primeiramente como Alto alí, meu general). Ese ano participou do Festival Internacional de Escritores, en Toronto, Canadá. Viva o povo Brasileiro é finalmente editado en 1984, e recibe o Premio Jabuti na categoría "Novela" e o Golfinho de Ouro, do Goberno do Río de Xaneiro. Inicia a tradución do libro para a lingua inglesa, tarefa que lle consumiu dous anos de traballo, a partir do cal preferiu utilizar o computador. Ao lado dos escritores Jorge Luis Borges e Gabriel García Márquez, participa dunha serie de nove filmes producidos pola TV estatal canadense sobre a literatura na América Latina.

En 1983 estréase na literatura infanto-xuvenil co libro Vida e paixão de Pandonar, o cruel. En 1989 lanza a novela O sorriso do lagarto. A súa segunda experiencia na literatura infanto-xuvenil preséntase en 1990 co libro A Vingança de Charles Tiburone.

Este ano João participa do xa citado Frankfurter Rundschau e, retornando en 1991 ao país de orixe, hospédase no Río de Xaneiro. En 1994 lanza o libro de crónicas Um brasileiro en Berlim, sobre a súa estadía na cidade. Publica, en 1997, a novela Feitiço da Ilha do Pavão, na Editora Nova Fronteira. O mesmo ano, antes da publicación desta novela, João é hospitalado con fortes dores de cabeza debido unha caída. Fora escollido, en 1999, un dos escritores en todo o mundo para dar unha declaración ao xornal francés "Libération" sobre o milenio que se aproximaba na época.

En 2000, saíron varias reedicións dos seus libros en Alemaña, incluíndo unha nova edición de peto de Sargento Getúlio. O sorriso do lagarto foi publicado na Francia. A casa dos Budas ditosos foi traducido para o inglés, nos Estados Unidos. Viva o povo brasileiro foi indicado para o exame de Agrégation, un concurso nacional realizado en Francia para os aspirantes ao diploma de graduación.

As súas principais novelas son Sargento Getúlio, Viva o Povo Brasileiro e O Sorriso do Lagarto, no cal expresa con bastante vivacidade e imaxinación exuberante aspectos políticos e sociais da vida nordestina e brasileira.

Foi un dos grandes creadores de artigos xornalísticos no Jornal da Bahia e Jornal A Tarde, onde eses alén de seren críticos-educativos, fortalecen a construción política da sociedade que ten acceso aos seus materiais.

Morreu na madrugada do día 18 de xullo de 2014 na súa casa, no barrio do Leblon,[5] na cidade do Río de Xaneiro. Sufriu unha embolia pulmonar. O día 19 de xullo o corpo foi incinerado.[6]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

João foi detentor da cátedra de Poetikdozentur (Docente en poesía) na Universidade de Tübigen, Alemaña e tamén consagrado na Avenida Marqués de Sapucaí. O seu libro Viva o povo brasileiro foi escollido como samba-enredo da escola Imperio da Tijuca para o Entroido do ano de 1987. O 26 de novembro de 1987 foi feito Comendador da Orde do Mérito de Portugal. En 1993 foi elixido para a cadeira 34 da Academia Brasileira de Letras, na vaga aberta coa morte do xornalista Carlos Castello Branco. Participou en 1994 na Feira do Libro de Frankfurt, Alemaña, recibindo o Premio Anna Seghers, concedido soamente a escritores xermanófonos e latinoamericanos. En 2008 recibiu o Premio Camões polo "alto nivel de súa obra literaria", "especialmente densa das culturas portuguesa, africanas e dos habitantes orixinais do Brasil". En outubro de 2014, a Secretaria de Conservação e Serviços Públicos do Rio de Janeiro anunciou a construción dunha estatua na súa homenaxe, quedaría na na praza Antero de Quental, no Leblon, barrio onde o académico tiña un apartamento.[7]

Estilo literario

[editar | editar a fonte]

O estilo literario de João Ubaldo Ribeiro é basicamente trazado pola ironía e polo contexto social do Brasil, abranguendo tamén cultura portuguesa e cultura africana. Antônio Olinto, escritor, crítico literario, diplomático e tamén membro da Academia Brasileira de Letras, di que Ubaldo constrúe a súa estrutura moitas veces comezando a historia polo medio, como se ela xa existise antes.[8] "Mais como falar deste país sen o humor? En todo insere João Ubaldo a visión do humorista, que ve o que non aparece, identifica a nudez das xentes, entende os pensamentos ocultos", di Olinto, no mesmo artigo. Segundo el, en Ubaldo Ribeiro o humor atinxe o seu auxe en Vencecavalo e o Outro Povo.

Olinto tamén reforza que "no fondo, chega João Ubaldo á creación dun país e dun pobo, país del e pobo del, mais tamén país que existe fóra das palabras e pobo que rin fóra e dentro das palabras. As dúas realidades - a real, que envolve o camiño de cada brasileiro e a realidade non menos real, mais con outras vestiduras - mestúranse na obra de João Ubaldo de tal maneira que el acaba promovendo unha invención do Brasil e unha invención de cada un de nós. Niso provoca unha reacción de asombro e incredulidade."[8] Para Antonio, João Ubaldo é o "voceiro" do Brasil, debido os moitos materiais producidos por el canto ás condicións sociais que coinciden coa actualidade nacional. Esas análises, non só encontradas en libros, poden ser descubertas tamén na grande gama de artigos escritos por Ubaldo en diversos xornais do país. No artigo, Olinto termina dicindo que "inventando un país, João Ubaldo inventouse a si mesmo e foi elixido polos seus lectores o voceiro deste país."[8]

Cinema e televisión

[editar | editar a fonte]

João viu varias das súas obras adaptadas para o cinema e para a televisión, tendo, inclusive, participado no proceso de creación delas:

  • O seu libro Sargento Getúlio tornouse un filme premiado en 1983, dirixido por Hermano Penna e protagonizado por Lima Duarte.[9]
  • Cando volveu a residir no Río de Xaneiro en 1991, volvendo do exterior, a súa novela O sorriso do lagarto foi adaptada para unha miniserie na Rede Globo (O Sorriso do Lagarto), tendo como protagonistas os actores Tony Ramos, Maitê Proença e José Lewgoy.[10]
  • En 1993 adaptou O santo que não acreditava em Deus para a serie Caso Especial, da Rede Globo, que tivo Lima Duarte no papel principal.[11]
  • En 1997 ano en que foi internado debido ás dores de cabeza, o cineasta Cacá Diegues comprou os dereitos de filmaxe do libro Já podeis da pátria filhos, aínda que o filme non fose producido.
  • En 1998 vendeu os dereitos autorais de Viva o povo brasileiro para o cineasta André Luis Oliveira.
  • O ano seguinte, xuntamente con Cacá Diegues, escribiu o guión de Deus é Brasileiro, encima de seu conto O santo que não acreditava em Deus.

Obras seleccionadas

[editar | editar a fonte]
  • Setembro não tem sentido (1968). Alfaguara. Passado durante as conmemoracións do festivo do sete de setembro, son narradas dúas historias en paralelo: a do boemio Tristão, que sempre tumultua os eventos públicos da Semana da Patria en Salvador coas súas bebedeiras interminábeis; e a do xornalista Orlando, que vive recluso e rememora o pasado con amargura.
  • Sargento Getúlio (1971). En 2010, Edições Nelson de Matos. O sarxento Getúlio Bezerra é un home rudo e ignorante, un policía militar que vai transportar, a través do sertão de Sergipe, un preso político inimigo de seu xefe, o coronel Acrísio Antunes. Polo camiño vai recordando e monologando o seu pasado de aventuras e violencia.[12]
  • Vila Real - (1979). Editora Nova Fronteira, en 2005. Nesta novela é explorada a problemática central do home nordestino - a migración forzada polo sistema de propiedade da terra-.
  • Viva o povo brasileiro (1984). En 2000, Dom Quixote. En 2009 Edições Nelson de Matos. Esta magna obra percorre a historia do Brasil desde o século XVII até as décadas centrais do XX a través dunhas irregulares sagas familiares, metáforas, símbolos e contraimaxe do barro humano que construíu o actual Brasil.[13]
  • O Sorriso do Lagarto (1989). En 2003, Ed. Caminho.
  • O feitiço da Ilha do Pavão (1997). Editora Nova Fronteira
  • A Casa dos Budas Ditosos (1999). Dom Quixote en 2000. En 2009 Edições Nelson de Matos.
  • Miséria e grandeza do amor de Benedita (2000). En 2009 Edições Nelson de Matos. (Primeiro libro virtual lanzado no Brasil)
  • Diário do Farol (2002). Dom Quixote.
  • O Albatroz Azul (2009). Edições Nelson de Matos.
  • Vencecavalo e o outro povo (1974). En 2005, Editora Nova Fronteira.
  • Livro de histórias (1981). "Patrocinando a arte" e "O estouro da boiada", so o título de Já podeis da pátria filhos
  • Já Podeis da Pátria Filhos {e outras Histórias} (2003). Dom Quixote.

Crónicas

[editar | editar a fonte]
  • Sempre aos domingos (1988). Editora Nova Fronteira..
  • Um brasileiro em Berlim (1995). En 2006 Ed. Diversos.
  • Arte e ciência de roubar galinha (1999).
  • O Conselheiro Come (2000). Editora Nova Fronteira.
  • A gente se acostuma a tudo (2006). Editora Nova Fronteira.
  • O rei da noite (2009).
  • Política: quem manda, por que manda, como manda (1981)

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]

Novas Seletas: João Ubaldo Ribeiro (2004). Editora Nova Fronteira. Organizada por Domício Proença Filho, escritor, crítico e profesor de literatura brasileira, presenta ao leitor iniciante unha variada mostra da obra dun dos máis importantes autores do Brasil.

  1. "Joao Ubaldo Ribeiro: Palabras brasileñas". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2020-04-12. 
  2. "Opinião: João Ubaldo Ribeiro fez parte da vanguarda baiana nos anos 1960 - 18/07/2014 - Ilustrada". Folha de S.Paulo (en portugués). Consultado o 2020-04-12. 
  3. "Servindo à pátria - Cultura". Estadão (en portugués). Consultado o 2020-04-12. 
  4. "João Ubaldo Ribeiro. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-12. 
  5. Press, Europa (2014-07-18). "Muere el escritor João Ubaldo Ribeiro a los 73 años". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 2020-04-12. 
  6. EUROPAPRESS-I (2014-07-18). "Muere el escritor João Ubaldo Ribeiro a los 73 años". Qué! (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-12. 
  7. "Estátua de João Ubaldo Ribeiro será inaugurada em 2015". VEJA (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-12. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Biblioteca Folha". biblioteca.folha.com.br. Consultado o 2020-04-12. 
  9. "Sargento Getúlio" (en inglés). Consultado o 2020-04-12. 
  10. "O Sorriso do Lagarto" (en inglés). Consultado o 2020-04-12. 
  11. "Veja obras de João Ubaldo Ribeiro que foram adaptadas para TV ou cinema". Extra Online (en portugués). Consultado o 2020-04-12. 
  12. "Sargento Getúlio - Livro - WOOK". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-12. 
  13. Lorenzo Gil, César (2014-07-23). "Viva João Ubaldo Ribeiro". BiosBardia. Consultado o 2020-04-12.