Glauber Rocha
Glauber Rocha | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de marzo de 1939 e 14 de marzo de 1938 |
Vitória da Conquista | |
Falecemento | 22 de agosto de 1981 |
Río de Xaneiro | |
Nacionalidade | Brasil |
Alma máter | Universidade Federal da Bahia |
Ocupación | guionista, director de cinema, actor e escritor |
Cónxuxe | Helena Ignez e Paula Gaitán |
Fillos | Eryk Rocha |
Premios | Orde do Mérito Cultural |
[ editar datos en Wikidata ] | |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2013.) |
Glauber Pedro de Andrade Rocha, máis coñecido como Glauber Rocha, nado en Vitória da Conquista o 14 de marzo de 1939 e finado no Río de Xaneiro o 22 de agosto do 1981, foi un cineasta brasileiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dende os nove anos, Glauber Rocha viviu na cidade de Salvador. O grande ambiente cultural desta cidade a mediados dos anos 50 favoreceu a formación artística do cineasta. Este participa nos coloquios literarios, escribe poesía e acode a exhibicións de cine. Froito destas experiencias foi a curtametraxe Pátio (1959) e a longametraxe Barravento (1961), neste último substituíndo a Luiz Paulino.
Posteriormente dirixe Deus e o Diabo na Terra do Sol (1963), película considerada revolucionaria e que provocou polémicas e discusións estéticas trala súa estrea. O filme relata a traxectoria vital dunha parella de labregos do sertão, rexión interior e de gran dureza climatolóxica do Brasil. Esta película baséase na chamada literatura de cordel. Glauber Rocha gaña recoñecemento internacional e no 1965 publica en Xénova, o manifesto sobre a estética da fome, texto no que explica os seus posicionamentos estéticos.
No 1967, a película Eldorado fai unha reflexión sobre os diversos problema da América Latina. O filme foi inicialmente prohibido pola censura e posteriormente distribuída só para os maiores de 18 anos. Nela nárrase os conflitos internos dun periodista entre o compromiso social e a realización persoal coma poeta. O seu seguinte traballo, Câncer (1968-1972) reflexiona sobre os diversos problemas que padece a clase media urbana do Brasil.
No 1968 o autor estrea a súa primeira longametraxe en cor O Dragão da Maldade Contra o Santo Guerreiro. Por esta película gaña a Palma de Ouro ó mellor director no Festival de Cannes, feito que lle proporcionou prestixio internacional mais que fixo empeorar as súas relacións coa ditadura militar brasileira da época. Esta situación, fai que o cineasta comece unha nova etapa profesional rodando novas producións en Europa. Así dirixe O Leão de Sete cabeças (produción italiana de 1969 e rodada en Brazzaville, no Congo), Cabeças cortadas (produción española de 1970) e Claro (de 1975 e rodada en Roma). Finalmente volta ó Brasil no 1976. O seu derradeiro filme estreouse en 1980 e titulouse A idade da Terra.
Filmografía[editar | editar a fonte]
- 1959 – Pátio
- 1959 – Cruz na praça
- 1961 – Barravento
- 1963 – Deus e o Diabo na Terra do Sol
- 1966 – Maranhão 66
- 1966 – Amazonas, Amazonas
- 1966 – Terra em transe
- 1967 – Eldorado
- 1968 – 1968
- 1968-72 – Câncer
- 1968 – O Dragão da Maldade Contra o Santo Guerreiro
- 1969 – O Leão de Sete Cabeças
- 1970 – Cabeças cortadas
- 1975 – Claro
- 1972-1974 – História do Brasil
- 1974 – As armas e o povo
- 1977 – Di
- 1977 – Jorjamado no cinema
- 1980 – A idade da Terra
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Glauber Rocha na IMDb (en inglés).