Saltar ao contido

Ana Maria Machado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAna Maria Machado
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1941
Río de Xaneiro
País de nacionalidadeBrasileira
Formación profesionalLicenciada en Filoloxía
EducaciónUniversidade Federal do Rio de Janeiro
Director de teseMichel Arrivé Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiloloxía románica, literatura infantil, literatura fantástica, actividade literaria, libraría, xornalismo e pintura Editar o valor en Wikidata
OcupaciónEscritora, xornalista e pintora
Período de actividade1969 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorPontificia Universidade Católica de Río de Xaneiro
Universidade Federal do Río de Xaneiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoLiteratura infantil e xuvenil, realismo máxico
LinguaPortugués
Premios
Véxase o texto

Descrito pola fonteObálky knih,
Iedereen Leest Editar o valor en Wikidata
Sitio webanamariamachado.com.br Editar o valor en Wikidata
BNE: XX894603 Dialnet: 3660159


Ana Maria Machado, nada no Río de Xaneiro o 24 de decembro de 1941, é unha xornalista, profesora, pintora e escritora brasileira.[1]

Xunto con Lygia Bojunga Nunes, Ruth Rocha e Eva Furnari, é unha das principais expoñentes da nova onda da literatura infantil brasileira.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formada en Letras na Universidade do Brasil, Ana Maria Machado estudou despois na Universidade Federal do Rio de Janeiro (UFRJ) e na Pontifícia Universidade Católica do Rio de Janeiro (PUC-RJ). Como xornalista, traballou durante máis de dez anos na Rádio Jornal do Brasil. En 1978 gañou o Prêmio Jabuti de Literatura. Foi unha das fundadoras, en 1980, da primeira libraría infantil no Brasil, a Malasartes (en Río de Xaneiro), que existe até hoxe. Nesa década publicou máis de corenta libros, e en 1981 recibiu o Premio Casa de las Américas polo libro De Olho nas penas.

O recoñecemento mundial das obras de Ana Maria Machado aconteceu no 2000, cando obtivo o Premio Hans Christian Andersen, o máis importante premio de literatura infantil.[3] No mesmo ano foi condecorada coa Orde do Mérito Cultural. En 2010 recibiu un Premio Príncipe Claus, dos Países Baixos, e, en 20013, o brasileiro Premio Passo Fundo Zaffari e Bourbon de Literatura.

O 19 de xullo de 2011 nunha entrevista declarou que xa vendera, en todas as traducións, uns 19 milóns de exemplares das súas publicacións.[4]

Machado actúa intensivamente na promoción da lectura e no fomento do libro.

Academia Brasileira de Letras

[editar | editar a fonte]

Ana María Machado é a sexta ocupante da cadeira 1 da Academia Brasileira de Letras (ABL), cuxo patrono é o poeta Adelino Fontoura. Foi elixida o 24 de abril de 2003, sucedendo a Evandro Lins e Silva, e recibida o 29 de agosto de 2003 polo académico Tarcísio Padilha.

O 8 de decembro de 2011 foi elixida presidenta da Academia Brasileira de Letras para o bienio 2012-2013.[5]

Principais obras

[editar | editar a fonte]

Entre outros libros, son da súa autoría:

Literatura infantoxuvenil

[editar | editar a fonte]
  • Uma Vontade Louca
  • Amigo É Comigo
  • Isso Ninguém Me Tira
  • Bento que Bento é o Frade
  • Bisa Bia, Bisa Bel (novela), 1981
  • De olho nas penas
  • Do outro mundo
  • O canto da praça
  • Bem do seu tamanho
  • Tudo ao mesmo tempo agora
  • O Que É?
  • Dandinha danda
  • Abrindo Caminho
  • Alguns Medos e Seus Segredos
  • Era Uma Vez Três
  • O Gato do Mato e o Cachorro do Morro
  • Menina Bonita do Laço de Fita
  • Conto de Fadas
  • O mistério da ilha
  • Amigos Secretos
  • De carta em carta
  • Quem manda na minha boca sou eu!!
  • O domador de monstros
  • História Meio ao Contrário

Literatura para adultos

[editar | editar a fonte]
  • Alice e Ulisses, (novela), 1984
  • Aos Quatro Ventos, (novela), 1993
  • A Audácia dessa Mulher, (novela), 1999
  • Canteiros de Saturno, (novela), 1991
  • Como e Por Que Ler os Clássicos Universais desde Cedo, (libro teórico), 2002
  • Contra Corrente, (colectánea de artigos), 1999
  • Democracia, (colectánea de artigos), 1983
  • Esta Força Estranha, (biografía), 1998
  • O Mar Nunca Transborda, (novela), 1995
  • Para Sempre, (novela), 2001
  • Recado do Nome, (tese de doutoramento), 1976
  • Texturas - sobre Leituras e Escritos, (colectánea de artigos), 2001
  • Tropical Sol da Liberdade, (novela), 1988
  • Um Mapa Todo Seu, 2015
Predecesor:
Evandro Lins e Silva

Academia Brasileira de Letras
Sexta académica da cadeira 1

2003 - actualidade
Sucesor:
  1. Câmara do Livro. "Ana Maria Machado". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  2. "Ruth Rocha". Enciclopédia Escolar Britannica (en portugués). Britannica Escola Online. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2018. 
  3. EducaRede, Fundação Telefônica. "Ana Maria Machado, Biografia". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2010. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  4. Programa do Jô. "Ana Maria Machado". Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  5. "Ana Maria Machado, Escritora brasileira". E-Biografias. 24 de xaneiro de 2012. Consultado o 2 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]