Primeira División de Chile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Primeira División de Chile
Fundación1933
RexiónFlag of Chile.svg Chile
Equipos18
Actual campiónU. de Chile (15º título)
Máis laureadoColo-Colo (29)
Sitio webPáxina oficial

O Primeira División de Chile é a competición de máximo nivel da liga profesional de fútbol que se disputa en Chile, organizado pola Asociación Nacional de Fútbol Profesional, organismo que pertence á Federación de Fútbol de Chile. Recibe o nome de Campionato Nacional Petrobras de Primeira División por mor do seu patrocinador principal.

O torneo fundouse o 31 de maio de 1933, e ate o ano 2011 lévanse disputadas 78 tempadas. Os clubs máis laureados na historia do campionato son o Colo-Colo (29 títulos), o Universidad de Chile (15 títulos) e o Universidad Católica (10 títulos), ámbolos 3 clubs da cidade de Santiago de Chile. O primeiro campión foi o Club Deportivo Magallanes, mentres que o campión actual é o Universidad de Chile.

A orixe do torneo foi a liorta entre os clubs da capital chilena que querían o profesionalismo e os que non o querían. Os defensores do profesionalismo crearon esta competición, que nos seguintes anos acolleu tamén ó resto do clubs. En 1937 debutou tamén o primeiro equipo de fora da capital, pasando a ser un campionato nacional. Na actualidade 6 dos 18 equipos da Primeira División de Chile son da Rexión Metropolitana de Santiago de Chile, pero polo xeral trátase dun campionato no que están representadas tódalas rexións do país.

Tanto os dous campións dos torneos Apertura e Clausura, como o terceiro equipo con máis puntos, acadan un posto para disputar a Copa Libertadores do ano seguinte.

Equipos 2012[editar | editar a fonte]

Estadio Nacional, fogar do U.de Chile.
Estadio Monumental, fogar do Colo-Colo.

Os seguintes 18 equipos competirán polo campionato na tempada 2012:

Equipo Cidade Fundación Estadio Capacidade
600px Verde Rosso Bianco Verde.png Audax Italiano La Florida, Santiago 30 de novembro de 1910 Bicentenario de La Florida 12.000
600px solid HEX-FFA500.svg Cobreloa Calama 7 de xaneiro de 1977 Municipal de Calama 13.000
Arancione e Bianco.svg Cobresal El Salvador 5 de maio de 1979 El Cobre 15.000
Bianco e Nero.svg Colo-Colo Macul, Santiago 19 de abril de 1925 Estadio Monumental David Arellano 47.017
Bianco e Azzurro.svg Deportes Antofagasta Antofagasta 14 de maio de 1966 Regional de Antofagasta 26.339
600px Celeste e Nero.png Deportes Iquique Iquique 21 de maio de 1978 Tierra de Campeones 11.000
600px Granato.png Deportes La Serena La Serena 9 de decembro de 1955 La Portada 14.000
600px Nero e Azzurro (Strisce)2.png Huachipato Talcahuano 7 de xuño de 1947 CAP 10.579
Celeste e Bianco.png O'Higgins Rancagua 7 de abril de 1955 El Teniente 14.450
600px Bianco e Verde e Rosso.png Palestino La Cisterna, Santiago 20 de agosto de 1920 Municipal de La Cisterna 12.000
600px pentasection vertical Black HEX-DE1100.svg Rangers Talca 2 de novembro de 1902 Fiscal de Talca 8.232
Verde e Bianco.png Santiago Wanderers Valparaíso 15 de agosto de 1892 Regional Chiledeportes 18.500
Rosso e Giallo.png Unión Española Independencia, Santiago 18 de maio de 1897 Santa Laura-Universidad SEK 28.500
600px Rosso e Bianco (strisce).png Unión La Calera La Calera 26 de xaneiro de 1954 Nicolás Chahuán Nazar 10.000
Unión San Felipe San Felipe 16 de outubro de 1956 Municipal de San Felipe 10.000
600px Bianco Con Striscia Blu.png Universidad Católica Las Condes, Santiago 21 de abril de 1937 San Carlos de Apoquindo 20.000
Blu.png Universidad de Chile Ñuñoa, Santiago 24 de maio de 1927 Nacional Julio Martínez Prádanos 50.000
600px Giallo e Blu.svg Universidad de Concepción Concepción 8 de agosto de 1994 Municipal Alcaldesa Ester Roa 29.000

Palmarés[editar | editar a fonte]

O palmarés da liga está dominado polos 3 grandes clubs clásicos da cidade de Santiago de Chile:


títulos
Equipo Campionatos obtidos
29 Santiago de Chile Colo-Colo 1937, 1939, 1941, 1944, 1947, 1953, 1956, 1960, 1963, 1970, 1972, 1979, 1981, 1983, 1986, 1989, 1990, 1991, 1993, 1996, C-1997, 1998, C-2002, A-2006, C-2006, A-2007, C-2007, C-2008, C-2009
15 Santiago de Chile Universidad de Chile 1940, 1959, 1962, 1964, 1965, 1967, 1969, 1994, 1995, 1999, 2000, A-2004, A-2009, A-2011, C-2011
10 Santiago de Chile Universidad Católica 1949, 1954, 1961, 1966, 1984, 1987, A-1997, A-2002, C-2005, 2010
8 Calama Cobreloa 1980, 1982, 1985, 1988, 1992, A-2003, C-2003, C-2004
6 Santiago de Chile Unión Española 1943, 1951, 1973, 1975, 1977, A-2005
4 Santiago de Chile Audax Italiano 1936, 1946, 1948, 1957
4 Santiago de Chile Magallanes 1933, 1934, 1935, 1938
4 Viña del Mar Everton 1950, 1952, 1976, A-2008
3 Valparaíso Santiago Wanderers 1958, 1968, 2001
2 Santiago de Chile Palestino 1955, 1978
1 Santiago de Chile Santiago Morning 1942
1 Santiago de Chile Green Cross 1945
1 San Felipe Unión San Felipe 1971
1 Talcahuano -- Huachipato 1974

= Equipo desaparecido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]