Saltar ao contido

José Luis Basanta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Luis Basanta
Biografía
Nacemento5 de maio de 1924 Editar o valor en Wikidata
A Fonsagrada, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de decembro de 2016 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaA Fonsagrada
Miranda de Ebro
Pedrafita do Cebreiro
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímico, gnomonista, investigador Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX866829 BUSC: basanta-campos-jose-luis-1924 Dialnet: 139117

José Luis Basanta Campos, nado na Fonsagrada o 5 de maio de 1924[1] e finado en Pontevedra o 20 de decembro de 2016,[2] foi un químico galego coñecido polos seus traballos de investigación sobre as filigranas, ou marcas de auga do papel[3] e no tocante á historia da reloxería e o estudo e catalogación dos reloxos de sol de Galicia.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Andrés Basanta Silva, xuíz de primeira instancia na Fonsagrada, estudou e licenciouse na carreira de Ciencias Químicas (1941-1946) en Oviedo. En 1949 foi nomeado profesor axudante de clases prácticas na Facultade de Ciencias de Santiago de Compostela, onde consegue unha bolsa do CSIC e traballa baixo a dirección do doutor Ignacio Ribas. En 1951 le en Madrid a súa tese sobre os alcaloides do toxo, e a partir de 1955 comeza a traballar en FEFASA (Miranda de Ebro).[2] En 1962 trasládase e establece definitivamente a súa residencia en Pontevedra, onde primeiro traballa para Ence ata 1966, e logo nese mesmo ano, comeza a súa labor como director técnico en Elnosa, ata a súa xubilación en 1989. Entre 1974 e 1978, chegou a ser decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia.

Paralelamente á súa vida profesional, convértese nun dos maiores expertos en documentos antigos, gran estudoso da historia do papel, da reloxería e os reloxos de sol. Escribiu e participou en varios libros e en ducias de artigos[5] en publicacións galegas, españolas e mesmo estranxeiras, chegando a ser colaborador no xornal ABC no tocante a reloxería.

Durante anos tivo unha estreita relación co Museo de Pontevedra. Doou libros e escribiu varios artigos na súa revista. En 1997 apróbase a súa designación como vocal do padroado do museo[6] no que tamén foi bibliotecario.

Na última etapa da súa vida colabora xunto a Guillermo García de la Riega da Asociación Cristóbal Colón Galego, no estudo e análise da documentación utilizada por Celso García de la Riega para a súa teoría sobre a orixe galega de Cristovo Colón.[4][7]

Outra faceta de José Luis Basanta é a de biblíofilo e coleccionista de libros, e mesmo de xoguetes. As distintas doazóns que fai ó longo da súa vida dan fe desta afección. En 1976 doa unha serie de libros e publicacións ó Museo de Pontevedra. En 2010 doou unha serie de 40 xoguetes dos anos 30 ó Museo Provincial de Lugo[8][9] e no 2013 lega a totalidade da súa colección de 9 000 exemplares á Biblioteca de Galicia.[10]

O 20 de decembro do 2016 falece ós 92 anos de idade e foi soterrado no cemiterio municipal de Vilalba.[11]

Estudoso da historia e das filigranas do papel foi considerado o maior experto en papel antigo de Galicia.[12] Foi moi importante a súa aportación ó estudo das filigranas como xeito de datar documentación.[4] Dende 1995 ata 2002 dirixiu e coordinou a recompilación de filigranas dos arquivos do Museo de Pontevedra.

  • Marcas de agua en documentos de los archivos de Galicia hasta 1600 (Tomo I). Fundación Pedro Barrié de la Maza. 1996. ISBN 84-87819-95-8.  (en castelán).
  • Marcas de agua en documentos de los archivos de Galicia hasta 1600 (Tomo II). Fundación Pedro Barrié de la Maza. 1996. ISBN 84-87819-96-6.  (en castelán).
  • Marcas de agua en documentos de los archivos de Galicia hasta 1600 (Tomo III). Fundación Pedro Barrié de la Maza. 1998. ISBN 84-89748-39-X.  (en castelán).
  • Marcas de agua en documentos de los archivos de Galicia hasta 1600 (Tomo IV). Fundación Pedro Barrié de la Maza. 1998. ISBN 84-89748-40-3.  (en castelán).
  • Marcas de agua en documentos de los archivos de Galicia hasta 1600 (Tomo V). Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2000. ISBN 84-89748-79-9.  (en castelán).
  • Marcas de agua en documentos de los archivos de Galicia hasta 1600 (Tomo VI). Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2000. ISBN 84-89748-80-2.  (en castelán).
  • Marcas de agua en documentos de los archivos de Galicia hasta 1600 (Tomo VII). Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2002. ISBN 84-95892-31-6.  (en castelán).
  • Marcas de agua en documentos de los archivos de Galicia hasta 1600 (Tomo VIII). Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2002. ISBN 84-95892-32-4.  (en castelán).

Reloxería

[editar | editar a fonte]

Escribiu varios artigos e libros sobre a reloxería e a historia da mesma na Península Ibérica.

Outras obras nas que participa:

Reloxos de sol

[editar | editar a fonte]
Reloxo de sol polar monumental no Centro Social de Donramiro, Lalín.

José Luis Basanta é considerado un pioneiro no estudo e catalogación dos reloxos de sol, un tema ata entón inédito tanto en Galicia como no resto de España. As exposicións que realizou a partir de 1977 sobre este tema en distintos museos de Galicia e do resto do país, xunto a publicación en 1986 do seu libro Relojes de piedra en Galicia, suscitaron certo interese e convertíronse en referencia para autores posteriores.[13][14] Así referíase o historiador Xosé Filgueira Valverde sobre o traballo de Basanta:

...¿Por qué

non reparóu denantes ninguén neles? Botade unha
ollada ás monografías de bisbarras, vilas e moi-
mentos. Somella que non se atopa un «cadrante»
por ningures. E agora chega Xosé Luis Basanta e
xunta, en pouco tampo, máis de duascentas foto-
grafías, estabrece unha tipoloxía, asinala datas
e mestres...
Adral (1979)

A parte do estudo e catalogación dos reloxos de sol tamén dedicouse ó seu deseño. A súa obra máis destacada a fixo entre os anos 2009 e 2010. Xunto o arquitecto Enrique Pérez Ardá, instalaron nunha superficie de 300 metros cadrados do Centro Social Donramiro (Lalín) o que foi considerado na súa época como o reloxo de sol polar máis grande de Europa. Inaugurouse o 15 de outubro de 2010.[15][16] O monumental reloxo tamén foi unha homenaxe a Ramón Aller, o afamado astrónomo local.

Outras obras nas que participa:

  • Varios autores (1990). Actas del Primer Congreso Europeo del Hórreo. Santiago de Compostela: Editorial Compostela. ISBN 84-85553-05-5.  (en galego) e (en castelán).
  • Varios autores (1990). Bizkaiko eguzki-erlojuak. Relojes de sol de Bizkaia. Bizkaiko Foru Aldundia, Kultura Saila. Diputación Foral de Bizkaia, Departamento de Cultura.  (en éuscaro) e (en castelán).

Exposicións

[editar | editar a fonte]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Relación general de académicos (1752-2023)" (PDF). Real Academia de Belas Artes de San Fernando. (Actualizado o 31/03/2023). Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  2. 2,0 2,1 De Cora, José (16-12-2019). "José Luis Basanta Campos". El Progreso. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  3. S. R. (19-12-2012). ""El papel antiguo se hacía en molinos a partir de trapos machacados"". Faro de Vigo. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Leiro, Ramón (21-06-2017). "Homenaje al investigador José Luis Basanta Campos". La Voz de Galicia. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  5. "José Luis Basanta Campos". Dialnet. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  6. "Acta de sesión 1997/02/28_Ordinaria". ATOPO. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  7. "El Archivo Histórico Provincial de Pontevedra acogió el encuentro entre José Luis Basanta Campos y Guillermo García de la Riega, defensor del origen gallego de Cristóbal Colón, para datar unos documentos que podrían reforzar tal teoría". Arquivos de Galicia. 08-01-2013. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  8. "EXPOSICIÓN: Colección de xoguetes, doazón de José Luis Basanta". Museo Provincial de Lugo. 06-09-2010. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  9. Jaureguizar, Santiago (10-09-2010). "Xoguetes dos anos 30 para o Museo". El Progreso. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  10. "La Biblioteca e Arquivo de Galicia acoge la muestra Libros sobre reloxos. Colección José Luis Basanta". Cultura de Galicia. 06-11-2014. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  11. "Fallece el académico y exdirector técnico de Elnosa José Luis Basanta Campos". Faro de Vigo. 24-12-2016. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  12. "La teoría de Colón Gallego fue expuesta en el Congreso Internación del Papel". La Voz de Galicia. 04-07-2017. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  13. En Bueu. Os seus canteiros e os seus reloxos de sol, de Jozef Van Linthoudt (1997), apúntase: "O Sr. Basanta que fixo un excelente estudio sobre os reloxos, escribe que dos máis de 300 reloxos que mirou en Galicia, 195 atópanse na provincia de Pontevedra", p. 58.
  14. En Relojes de Sol en el patrimonio construido. Civil, religioso, militar y etnográfico, de Antonio J. Cañones Aguilar e José M. Yáñez Rodríguez (Deputación Provincial da Coruña, 2019), apúntase: "En lo que se refiere a la forma y tomando como referencia la clasificación que establece J. L. Basanta en cuanto a la geometría del “continente” de la parte astronómica del reloj solar gallego, los distribuiremos en 7 tipos básicos", p. 23.
  15. Fernández, Daniel (10-10-2010). "El centro de Donramiro se inaugura con su enorme reloj solar polar". Faro de Vigo. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  16. "La fiesta de apertura del local social de Donramiro, ya inaugurado, será el próximo día 15". La Voz de Galicia. 10-10-2010. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  17. "Exposicións. La editorial Bibliófilos Gallegos. Un proyecto cultural galleguista en la postguerra". Biblioteca de Galicia. (2015). Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  18. "Mencións honoríficas". Colexio Oficial de Químicos de Galicia. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  19. "Documentos gnomónicos en Galicia". Asociación de Amigos de los Relojes de Sol. (07/11/2014). Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  20. Domínguez, Patricia (23-08-2013). "Catorce nuevos socios de honor para el Liceo Casino". La Voz de Galicia. Consultado o 15 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]