Xosé Carlos Valle Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José Carlos Valle Pérez")
Medalla de Galiza.svg

Xosé Carlos Valle Pérez, nado en Pontevedra o 25 de novembro de 1953, é un historiador da arte galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorouse en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de licenciatura. A súa proxección no eido cultural galego acadouna como director da Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón e como director do Museo de Pontevedra dende 1987, sucedendo a Xosé Fernando Filgueira Valverde.[1]

É membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes e membro dos Padroados do Museo do Pobo Galego e do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Foi comisario de diversas exposicións, algunhas de grande proxección como O Pórtico da Gloria e o seu tempo (Santiago, 1988), e Galicia no Tempo (Santiago, 1991) así como de varias edicións da Bienal de Pontevedra.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]