Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A sociedade en 1930.

A Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra naceu, presidida por Antón Losada Diéguez, como unha reunión de amigos da música. No grupo inicial estiveron Antonio Iglesias Vilarelle, Joaquín Maquieira Fernández, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Álvaro Losada, Antonio Blanco Porto, Vicente Barreiro Viñas, Carlos Gastañaduy Ozores e Prudencio Otero Bermúdez de Castro. A primeira presentación foi o 9 de abril de 1925, Xoves Santo, na igrexa de San Francisco de Pontevedra,[1] coa interpretación dun concerto sacro que se repetiu ó día seguinte na Basílica de Santa María a Maior, e o primeiro concerto foi no Teatro Principal de Pontevedra o 23 de marzo de 1926. Dende entón seguiu a liña proposta polos fundadores: polifonía clásica profana, polifonía sacra e melodías populares axustadas a unha interpretación polifónica depurada.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O coral fundacional era de corenta voces masculinas, dezaseis femininas e dezaseis de nenos. A comisión estaba integrada por Vicente Barreiro Viñas, Antonio Blanco Porto, Antonio Iglesias Vilarelle, Carlos Gastañaduy Ozores e Prudencio Otero Bermúdez de Castro. As tarefas de dirección, dende 1925 ata 1940, correron a cargo de Blanco Porto. Sucedeuno, durante 24 anos, Iglesias Vilarelle. Á súa morte encargouse dela Manuel Fernández Cayeiro (de 1964 a 1967). Dende 1968 estivo á fronte Agustín Bertomeu Salazar, director da banda de música da Escola Naval Militar de Marín, e logo del José A. Sánchez Rodríguez. En maio de 1980 colleu a batuta Xosé Verea Montero ata que, en outubro de 1998, a recolleu por segunda vez Fernández Cayeiro, con Raymunda Lisquiño Abal como adxunta, despois viría Marlene Armentero Cutiño e finalmente Nanette Sánchez Ordaz.[3] Desempeñaron, ademais, a presidencia da sociedade, personaxes destacados da vida cultural do país como Castelao, José Blein Llinás, Vicente Riestra Calderón, Augusto García Sánchez, Xosé Fernando Filgueira Valverde e Xosé Carlos Valle Pérez. Castelao, ademais de presidente, foi escenógrafo e deseñou o escudo.[4]

Actuou nas cidades máis importantes de Galicia, en Portugal, en Madrid, Bilbao, León, Oviedo, Santander, Burgos, Salamanca, Toledo e en Lourdes, contando co patrocinio da Xunta de Galicia, a Fundación Pedro Barrié de la Maza, a Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra.

Entre as súas condecoracións figuran a Medalla de Prata de Pontevedra, a Medalla do Ateneo Santa Cecilia de Marín e a Medalla de Prata das Rutas Cicloturísticas do Románico.[2]

Gravacións[editar | editar a fonte]

Entre outras, conta cos discos:

Canciones Gallegas, Regal, 1958 (reeditado en 1970):[5]

1 "Si Vas A San Benitiño"
2 "Non Te Namores, Meniña"
3 "Vexo Vigo, Vexo Cangas"
4 "Tres Cantigas de Pontevedra"
5 "Negra Sombra"[6]
6 "O Neno Ten Soniño"
7 "Camiña Don Sancho"
8 "Os Anxeliños Da Groria"

Canciones Gallegas, EP, Regal, 1958:

1 "Si Vas A San Benitiño"
2 "Os Anxeliños Da Groria"
3 "Non Te Namores, Meniña"
4 "O Neno Ten Soniño"

Canciones Gallegas, single, Regal, 1958:

1 "Negra Sombra"
2 "Vexo Vigo, Vexo Cangas"
3 "Tres Cantigas de Pontevedra"

Música religiosa, Regal, 1958:[7]

1 "O Magnum Mysterium" (motete)[8]
2 "Vere Languores Nostros"
3 "Cantigas de Santa María, nº 65"
4 "Peccantem me Quotidie"
5 "Crux Fidelis"

Canciones y madrigales, Regal, 1958:

1 "Cantigas de amigo. Canción de la enamorada. Ondas do mar de Vigo"
2 "Toda mi vida os amé"
3 "Il bianco e dolce gigno"
4 "En Ávila mis ojos"
5 "Con qué la lavaré"
6 "Al amor quiero vencer"
7 "Madre, la mi madre"
8 "Occhi manza mía"

Galicia canta, 1971:

1 "Si vas a San Benitiño"
2 "Non te namores, meniña"
3 "Vexo Vigo, vexo Cangas"
4 "Tres cantigas de Pontevedra"
5 "O neno ten soniño"
6 "Con qué la lavaré"
7 "Cantigas de amigo"
8 "Negra sombra"
9 "Camiña Don Sancho"
10 "Os anxeliños da Groria"
11 "Al amor quiero vencer"
12 "Madre, la mi madre "

60 Aniversario de su fundación (1925-1985), 1986:

1 "Say love"
2 "Con que la lavaré"
3 "Contrapunto bestialle alla mente"
4 "Quand mon mari"
5 "Dezilde al caballero"
6 "April is in my mistress' face"
7 "Mascheratta di Villamella"
8 "La estrella del pastor"
9 "Romance do conde de Arcos"
10 "Tres cantigas de Pontevedra"
11 "Quen me dera en Lobeira"
12 "Terra nobre, arumada e frondente"
13 "Ábreme a portiña"
14 "O meu pandeiriño"

Fonoteca 92 n.º 6 El Correo Gallego, 1992:

1 "Ábreme a portiña"
2 "O meu pandeiriño"
3 "Quen me dera en Lobeira"
4 "Coita"
5 "Si vas a San Benitiño"
6 "Con qué la lavaré"
7 "Dezidle al caballero"
8 "La estrella del pastor"
9 "Contrapunto bestiale alla mente"
10 "Hiver"
11 "Quand mon Mari"

Fonoteca 92 n.º 70 El Correo Gallego, 1992:
(coa Banda de Música da Escola Naval de Marín)

1 "Pedro Madruga"
2 "Caro Final"
3 "Lucia di Lammemoor"
4 "Cantata nº 147 - Coral nº 10"
5 "Cantata nº 140 - Coral nº 7"
6 "Tamnhauser Obertura"

75 Aniversario, 2000:

1 "Say, love"
2 "En Ávila del Río"
3 "Matona mía cara"
4 "Ay, linda amiga"
5 "Il bianco e dolce cigno"
6 "Ave María"
7 "Ecce quomodo moritur"
8 "O sacrum convivium"
9 "O vos omnes"
10 "O magnum misterium"
11 "Romance do Conde D'Arcos"
12 "Tres cantigas de Pontevedra"
13 "Quen me dera en Lobeira"
14 "Romance Ábreme a portiña"
15 "Tres cantigas"
16 "Non te namores meniña"
17 "Si vas a San Benitiño"

Unha Voz na Polifonía Europea, Ouvirmos, 2003:

1 "Prende Salgueiriño"
2 "Romance de Doña Alda"
3 "Camiña Don Sancho"
4 "Canto du Ourense"
5 "O magnum mysterium"
6 "Vere languores nostros"
7 "Cantigass de Santa María nº 65"
8 "Pecarem me quotidie"
9 "Crux fidelis"
10 "Cantigas de amigo"
11 "Toda mi vida os amé"
12 "Il bianco e dolce cigno"
13 "En Ávila mis ojos"
14 "Con qué la lavaré"
15 "Al amor quiero vencer"
16 "Madre, la mi madre"
17 "O occhi manza mía"
18 "Si vas a San Benitiño"
19 "Non te namores, meniña"
20 "Vexo Vigo, vexo Cangas"
21 "Tres cantigas de Ponte Vedra"
22 "Negra sombra"
23 "O neno ten soniño"
24 "Camiña Don Sancho"
25 "Os anxeliños da groria"

Amais, colaborou nas recompilacións Galicia y su música (1985) e A gran escolma da música galega: coros (1993), para o que cantou "Si vas a San Benitiño" e "Vexo Vigo, vexo Cangas".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra. 50 aniversario de su fundación (1925-1975), Deputación Provincial, ISBN 84-500-6779-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]