Jonathan Melvoin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jonathan Melvoin
Nacemento6 de decembro de 1961
OrixeOs Ánxeles (California) Flag of the United States.svg
Falecemento12 de xullo de 1996
 Nova York
Ocupaciónmúsico
Instrumento(s)teclados
Relacionado conThe Smashing Pumpkins, The Revolution, Wendy & Lisa
editar datos en Wikidata ]

Jonathan David Melvoin, nado o 6 de decembro de 1961 nos Ánxeles e finado o 12 de xullo de 1996 na cidade de Nova York, foi un teclista estadounidense activo durante os anos 80 e 90.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o irmán de Susannah e Wendy Melvoin da banda Prince and the Revolution. Primeiro aprendeu a tocar a batería, e actuou con varias bandas de punk rock nos 80 coma The Dickies, e tamén contribuiu co proxectos Wendy & Lisa, así coma con Prince and the Revolution no seu álbum Around the World in a Day. No intre da súa morte era teclista de xira de The Smashing Pumpkins, durante a súa presentación mundial do álbum Mellon Collie and the Infinite Sadness.

Morreu en New York City debido a unha sobredose de heroína cando tiña 34 anos. O batería de The Smashing Pumpkins Jimmy Chamberlin, que estaba con el, tentou revivilo sen éxito. Hai moito misterio e especulacións sobre o que realmente pasou. Os operadores do 911 aconsellaron a Chamberlin poñer a cabeza de Melvoin na ducha nun intento de revivilo mentres non chegaban os médicos. Melvoin foi declarado morto no lugar. Chamberlin sería posteriormente despedido da banda. Segundo a mesma, ambos xa tiveran algún incidente coas drogas anteriormente. Melvoin xa fora despedido, pero estaba continuando a xira con The Smashing Pumpkins ata o final desa parte da mesma. O seu reposto ía ser Dennis Flemion de The Frogs. O seu derradeiro concerto foi no Capital Centre en Landover, Maryland.

Os membros de The Smashing Pumpkins non foron convidados ao seu enterramento. Jonathan deixou unha muller e un neno. Moitos temas inspiráronse na súa morte, coma "Angel" de Sarah McLachlan, "Jonathan" de Wendy & Lisa e o tema de Prince "The Love We Make" do seu álbum Emancipation.