The Frogs foi unha banda estadounidense de rock alternativo fundada en 1980 en Milwaukee, Wisconsin, polos irmáns Jimmy e Dennis Flemion. Os dour irmáns compoñían principalmente cancións pop curtas e pegadizas, pero tamén son coñecidos polas súas gravacións caseiras improvisadas realizadas nun estilo cómico, e acotío sobre temas controvertidos como raza, relixión e sexualidade (destacando o homoeroticismo). Unha historia de pelexas obstaculizou a carreira da banda, aínda que conseguiu unha ddevota base de seareiros que incluía a músicos coñecidos que apoiaron o grupo, como Billy Corgan de The Smashing Pumpkins e Eddie Vedder de Pearl Jam.