Johannes Itten
Johannes Itten | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de novembro de 1888 e 1888 |
Lugar de nacemento | Thun |
Falecemento | 25 de marzo de 1967 e 1967 |
Lugar de falecemento | Zürich |
Soterrado | Friedhof Hönggerberg |
Nacionalidade | Suíza |
Relixión | Cristiano |
Alma máter | Stuttgart State Academy of Art and Design |
Ocupación | pintor, escritor, arquitecto, debuxante e fotógrafo |
Cónxuxe | Annelise Itten e Hildegard Anbelang |
Fillos | Marion Lichardus-Itten |
Premios | Sikkens Prize |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Johannes Itten, nado en Südern-Linden o 11 de novembro de 1888 e finado en Zúric o 27 de maio de 1967, foi un pintor, deseñador, mestre, escritor e teórico da arte suízo asociado coa Bauhaus. Foi tamén profesor na Hochschule für Gestaltung de Ulm, impulsada e dirixida por Max Bill, exalumno da Bauhaus.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Itten naceu en Südern-Linden e foi influenciado na súa educación por Friedrich Fröbel. A súa primeira formación non foi como pintor, senón como mestre en Berna, onde se familiarizou coa teoría da psicanálise. Matriculouse na escola de Belas Artes de Xenebra, que o frustrou, e volveu a Berna. Alí desenvolveu o interese pola relixión e o misticismo, que o moveron a trasladarse a Xenebra para estudar con Eugène Gilliard, un pintor francés que ensinaba sobre os elementos xeométricos da arte. Esta primeira educación en elementos xeométricos traslúcese na obra posterior de Itten, no seu interese pola xeometría da roda de cores. Entre 1919 e 1922, Itten ensinou, xunto a outros artistas de vangarda na Bauhaus en Weimar, Alemaña. Alí, os seus diversos intereses converxeron e deron como froito a súa teoría da cor. Itten expandeu a roda de cores desenvolvida por Adolf Hozel inventando un círculo de cores e sete contrastes e ollando para a cor desde todos os ángulos, filosóficos, relixiosos, psíquicos, psicolóxicos e físicos.
A nova roda de cores de Itten revolucionou a maneira en que miramos as cores, influenciando artistas e deseñadores. A compilación definitiva do que ensinaba no seu Curso Elemental publicouse baixo o título A arte da cor. A roda de cores de Itten tiña en conta a sensación subxectiva que se asocia coa cor obxectiva e os valores psíquicos e emocionais das cores. Itten aseguraba que existen determinadas características inherentes ás cores particulares que influencian a maneira en que se sente o observador. É así, por exemplo, que se asevera que "o azul é frío".
Johannes Itten abandonou a Bauhaus a raíz de desavinzas con Walter Gropius. O seu traballo de exploración do uso e composición da cor remiten ás teas op-art de Josef Albers, Max Bill ou Bridget Riley e as obras expresionistas de Wassily Kandinsky.
Libros publicados[editar | editar a fonte]
- A arte da cor: A experiencia subxectiva e a xustificación obxectiva da cor (The Art of Color: The Subjective Experience and Objective Rationale of Color)
- Deseño e Forma: O Curso Elemental da Bauhaus (Design and Form: The Basic Course at the Bauhaus and Later, Revised Edition)
- A estrela de cores (The Color Star)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Johannes Itten at Artcyclopedia - lista de galerías e museos en liña (en inglés)