Círculo cromático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O círculo cromático ou roda de cores é unha representación ordenada e circular das cores segundo o seu matiz ou ton, onde se representan as cores primarias e os seus derivados. O seu uso é compatible tanto con modelos de cores subtractivos (artísticos, pictóricos, de pigmento) como modelos aditivos (lumínicos).

Círculo cromático natural degradado.

Os círculos cromáticos poden representarse graduados (escalonados) ou en degradé (como na imaxe). Os escalonados poden ter calquera cantidade de cores segundo o autor, polo xeral son 12, 24, 48 ou mesmo máis. O denominado hexagrama, por exemplo, é unha estrela que se coloca no centro do círculo cromático, onde a cantidade de picos corresponde a cada cor e pódense mostrar os opostos ou complementarios. En poucas palabras, é a representación das cores nun círculo ou outra figura xeométrica.

Roda de cores tradicional[editar | editar a fonte]

Rodas de 7 e 12 cores de 1708.

As rodas de cores son antigas, Alberti na súa De Pictura (1436), usando a roda de cores, pero tamén o rectángulo e o rombo, representou o sistema de catro cores primarias da súa época: amarelo, verde, azul e vermello.

O modelo tradicional de cor coas tres cores primarias vermello, amarelo e azul descubriuse no século XVII e desde entón elaboráronse moitos traballos, como o de Moses Harris que en 1766 elaborou un círculo cromático de 18 cores baseándose neste modelo e incluíndo unha gama máis ampla de cores engadindo os derivados claros e escuros. [1]

Círculo cromático de Schiffermüller, 1772.

Este modelo tradicional, tamén chamado RYB (red-yellow-blue, en inglés), popularizouse co libro de Goethe, Teoría das cores de 1810, o cal elaborou un círculo cromático con seis cores: amarelo, laranxa, vermello, violeta, azul e verde, o cal segue ensinándose nas artes plásticas e artes gráficas, a pesar de que o seu uso empírico pode presentar serios inconvenientes ou imprecisións na composición de cor.[2]

Segundo o modelo tradicional, as cores pigmento opostas son:

E así sucesivamente con todas as cores, como podería ser o azul verdoso (verde mar, augamariña ou turquesa) ou o vermello laranxa.

As cores cálidas como o vermello, roxo, laranxa etc., adoitan situarse no lado dereito da roda de cores, mentres que as cores frías (azul, verde, verde azulado etc.) adoitan situarse no lado esquerdo do círculo.

Círculo cromático natural[editar | editar a fonte]

Círculo cromático graduado de 6 cores.
Círculo de 12 cores.
Círculo de 24 cores.

Denomínase círculo cromático natural ao resultante de distribuír ao redor dun círculo as cores que conforman o segmento da luz natural, polo que a maior parte dos seus compoñentes son cores espectrais. Un modelo máis exacto xurdiu tras a aparición da fotografía en cor e baseado nos estudos de Newton sobre a luz, que se utiliza na produción industrial de cor, con maior precisión na representación cromática, e do que se derivan os modelos RGB e CMYK, no que as cores son: amarelo, vermello, maxenta, azul, ciano e verde. A mestura máis común destas cores está representada nun círculo de 12 cores, pero pódese realizar calquera número de mesturas e crear un círculo cromático con miles de cores.

Segundo o modelo de cor aditivo, as cores luz opostas na roda de cores [2] son as que enfrentadas, unha en fronte á outra:

Segundo o modelo moderno de mesturas de pigmentos (modelo subtractivo de cor) existe reciprocidade aproximada entre o modelo de cor RGB e o Modelo de cor CMY; por tanto, as cores opostas son:

  • O vermello é a cor oposta ao ciano.
  • O verde é a cor oposta ao maxenta.
  • O azul é a cor oposta ao amarelo.

O branco e o negro son cores opostas, pero do mesmo xeito que o gris non posúen colorido (son cores neutras) e por tanto non aparecen nun círculo cromático, o branco é a presenza de todas as cores e o negro é a súa ausencia total.

Con todo, o negro e o branco ao combinárense forman o gris, que tamén se marca en escalas. Isto forma un círculo propio chamado "círculo cromático en escala a grises" ou "círculo de grises".

Esta tríada de cores é a xeradora da infinidade de todas as cores perceptibeis polo ollo ou que se poden usar nas artes gráficas, xa que permite unha infinita cantidade de subdivisións. Desta tríada, por exemplo, non poden obterse as cores chamadas "pasteis" que son as que teñen agregado de branco en diferentes proporcións.

Cores primarias e derivadas[editar | editar a fonte]

As cores primarias dependen do tipo de círculo cromático. Nun tradicional ou RYB, serán vermello, amarelo e azul en tons relacionados con pigmentos naturais tradicionais, os cales poden estar estandarizados ou poden depender dos que escollan os autores.

Nunha roda de cores subtractiva CMYK, as cores primarias dependen dos pigmentos empregados; por exemplo, os que veñen nun cartucho de cor para imprimir, que están normalizados. Non obstante, hai variacións dependendo do tipo de pigmento, colorante, calidade, medio artístico etc. Estas primarias son ciano, maxenta e amarela.

No círculo cromático aditivo RGB, as cores primarias dependen por unha banda da sensibilidade do ollo humano á luz, xa que a nosa vista normal é tricromática, pero tamén dependen do tipo de luz. Estes primarios son vermello, verde e azul.

As cores secundarias son o produto da mestura de dous primarios. Esta mestura pode ser en partes exactamente iguais ou depender do matiz que busca un autor, polo que pode haber moitas variacións. As cores terciarias son a mestura dun primario cun secundario e móstranse nos círculos de 12 cores.

Para representar gráficamente as relacións entre as cores, Charles Blanc ideou en 1867 os dodecagramas ou estrelas de cores.[3] As seguintes imaxes son dodecagramas cos que se pode facer unha comparación entre os principais modelos:

Coloración tradicional.
Círculo cromático natural (RGB).

As denominacións das cores primarias e os seus derivados son aproximadamente as seguintes:

Coloración tradicional (RYB)

Modelo subtractivo CMYK

Modelo aditivo RGB

Harmonías de cor[editar | editar a fonte]

Hexaedro cromático, cara harmónica do cubo RGB.

A roda de cores úsase moi a miúdo para montar ou determinar as harmonías de cor que se van empregar nunha determinada obra artística. Neste sentido, hai varios tipos de harmonías de cores, incluíndo os seguintes:

Harmonía de cores en tríada-equidistante[editar | editar a fonte]

Ocorre cando se trata dunha composición de cores usando aqueles matices do círculo cromático que están dispostos en forma de triángulo equilátero, equidistantes entre si e con respecto ao centro do círculo como, por exemplo, Amarelo-Ciano-Maxenta ou a tríada Verde-Vermello-Azul.

Harmonía básico-terciaria[editar | editar a fonte]

En primeiro lugar, escollemos tres cores básicas (primarias ou secundarias indistintamente) para a nosa paleta e despois engadímoslle dúas ou tres cores resultantes de mesturar de dúas en dúas, a primaria e a secundaria do círculo cromático non se escollen en primeiro lugar. En total obteremos cinco ou seis cores para pintar un cadro en perfecta harmonía cromática.

A pintura segundo Matisse[editar | editar a fonte]

Como outros pintores da súa época, Matisse empregou a cor e as formas para expresar emocións e sentimentos. Neste extracto dunha entrevista radiofónica, realizada en 1942, expresou a súa opinión:

ENTREVISTADOR -Señor Matisse, por que pinta vostede?
MATISSE: - Para traducir as miñas emocións, os meus sentimentos e as reaccións da miña sensibilidade en termos de cor e forma, algo que nin a cámara máis sofisticada, nin as cores nin o cine poden facer.
Henri Matisse, Reflexiones sobre el arte, Bos Aires, Emecé, 1977

A cor pode utilizarse simbolicamente[editar | editar a fonte]

Á cor, como ás palabras, pódeselle dar un significado simbólico. Moitas veces estes símbolos son típicos dunha cultura. Isto significa que poden ser interpretados por quen os coñece. Na cultura occidental, o loito está simbolizado pola cor negra. Nalgunhas culturas orientais, por outra banda, a cor do loito é branca. Para os hindús, a cor laranxa é a cor mística, mentres que en Occidente sorprendería ver un sacerdote que levase unha sotana laranxa.

A cor e a comunicación[editar | editar a fonte]

Na vida diaria percibimos a realidade "en cor", é dicir, que a cor nos brinda información acerca dos obxectos e situacións que nos rodean. Compréndese entón que nos pareza, en principio, que nas imaxes a cor posúe unha descrición naturalista e documental. Pero a cor ten tamén unha dimensión estética: hai un alto grao de subxectivismo na súa utilización.

A cor posúe, ademais, valores simbólicos: significados culturalmente admitidos que amplían e modifican o valor da imaxe. Certas cores parécennos máis apropiadas que outras para alcanzar determinados fins comunicacionais. Por todo iso, o uso consciente da cor nas imaxes amplía e enriquece o abanico de recursos creadores.

Crear un círculo cromático[editar | editar a fonte]

Cores primarias e secundarias nun círculo cromatico.

Pode estar composto por calquera número de cores, só hai que ter en conta que o número de cores ten que ser divisible por 6, de xeito que as cores secundarias estean sempre no medio de dúas cores primarias, de tal xeito que o número de cores (n) dividido por 3 (as cores primarias) dános as cores ou lugares que debe haber separación entre as cores primarias (x) e x dividido por 2 dános o punto medio entre dúas cores primarias que son secundarias, todas as outras son cores terciarias. [4]

 ; Lugar das cores primarias

Punto medio

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Paul Zelanski, Mary Pat Fisher 2001. "Color" Londres
  2. 2,0 2,1 Círculo cromático segundo proyectacolor.cl
  3. File:2007 charles blanc etoile des couleurs 1867.PNG
  4. "Crear un círculo cromático". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2020. Consultado o 17 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]