Campionato Brasileiro de Fútbol Série A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «Campionato Brasileiro de Fútbol»)
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Campionato Brasileiro Série A
FundaciónCreado no 1971 co
posterior recoñecemento
dos campións nacionais dende o 1959[1]
RexiónFlag of Brazil.svg Brasil
Equipos20
Actual campiónAtlético Mineiro (2º título)
Máis laureadoPalmeiras (10 títulos)
Sitio webCBF - Confederação Brasileira de Futebol (en portugués)

O Campionato Brasileiro de Serie A (popularmente tamén chamado Brasileirão) é a primeira división da liga de fútbol no Brasil. Fundado en 1971, o campionato está composto actualmente por 20 equipos, que disputan 38 xornadas entre maio e decembro, xogando tódolos equipos dúas veces entre si cada tempada, unha como locais e outra como visitantes. Este torneo está situado no calendario a continuación dos campionatos estatais, tales como o Paulista ou o Carioca, que son os máis importantes.

En 2011 a IFFHS colocou ó Brasileirão no 3º posto da súa clasificación das ligas máis fortes do mundo. O actual campión do torneo é o Atlético Mineiro, da cidade de Belo Horizonte.

Equipos[editar | editar a fonte]

O Brasileirão coroa como campión do Brasil ó equipo que remata primeiro na táboa ó remate das 38 xornadas. Ese equipo e os 3 seguintes acadan ademais o dereito a competir na seguinte edición da Copa Libertadores, a máxima competición continental en Suramérica a nivel de clubs. Cando o campión da Copa Libertadores ou da Copa do Brasil remata ese mesmo ano a liga entre os 4 primeiros postos da táboa, a súa praza para a seguinte Copa Libertadores pasa ó seguinte equipo da táboa. Pola contra, os 4 últimos equipos da clasificación descenden de categoría. Os 20 equipos que disputarán a liga na tempada 2015 son:

Palmarés[editar | editar a fonte]

O Campionato Brasileiro, nos seus distintos formatos, naceu como tal en 1971. Non obstante, a Confederación Brasileira de Fútbol tomou a decisión de converter en oficiais tamén ós antigos torneos da Taça Brasil (1959-1968) e Torneo Roberto Gomes Pedrosa (1967-1970), de tal xeito que o palmarés do Campionato Brasileiro é o seguinte:

Estadio Engenhão, fogar do Botafogo.
Títulos Equipo Tempadas
10 Bandeira de São Paulo Palmeiras 1960, 1967, 1967, 1969, 1972, 1973, 1993, 1994, 2016, 2018
8 Bandeira de São Paulo Santos 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1968, 2002, 2004
8 Bandeira de Río de Xaneiro Flamengo 1980, 1982, 1983, 1992, 2009, 2019, 2020
6 Bandeira de São Paulo São Paulo 1977, 1986, 1991, 2006, 2007, 2008
7 Bandeira de São Paulo Corinthians 1990, 1998, 1999, 2005, 2011, 2015, 2017
4 Bandeira de Minas Gerais Cruzeiro 1966, 2003, 2013, 2014
4 Bandeira de Río de Xaneiro Vasco da Gama 1974, 1989, 1997, 2000
4 Bandeira de Río de Xaneiro Fluminense 1970, 1984, 2010, 2012
3 Bandeira de Rio Grande do Sul Internacional 1975, 1976, 1979
2 Bandeira de Bahia Bahia 1959, 1988
2 Bandeira de Río de Xaneiro Botafogo 1968, 1995
2 Bandeira de Rio Grande do Sul Grêmio 1981, 1996
2 Bandeira de Minas Gerais Atlético Mineiro 1971, 2021
1 Bandeira de Paraná Atlético Paranaense 2001
1 Bandeira de Paraná Coritiba 1985
1 Bandeira de São Paulo Guarani 1978
1 Bandeira de Pernambuco Sport 1987

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redação Terra (22 de dezembro de 2010). "CBF oficializa unificação de títulos nacionais antes de 1971" (en portugues). Consultado o 22 de xaneiro de 2011. (en portugués)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]