Amazon Alexa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amazon Alexa
Información xeral
DesenvolvedorAmazon
Lanzamento inicial2014
Xéneroasistente virtual
Sistemas operativosiOS e Android
Plataformamultiplataforma
Licenzapropietario / freeware
Linguasinglés, francés, alemán e xaponés

Amazon Alexa é un asistente virtual desenvolvido por Amazon, utilizado por primeira vez nos altofalantes intelixentes Amazon Echo e Amazon Echo Dot creados en Amazon Lab126. Conta coa capacidade de interactuar a través da voz, reproducir música, crear listas de tarefas pendentes, establecer alarmas, reproducir podcasts, reproducir audiolibros e prover información en tempo real do clima, tráfico e noticias entre outros. Alexa pode tamén controlar varios dispositivos intelixentes tomando o rol de sistema de automatización do fogar (domótica). Os usuarios poden estender as habilidades de Alexa instalando "skills" (funcionalidades adicionais desenvolvidas por terceiros) que se asemellan a "apps".

A maioría dos dispositivos que incorporan Alexa permiten aos usuarios activar o sistema utilizando unha palabra de activación (por exemplo Alexa ou Echo); outros dispositivos (como a app de Amazon Alexa para Android e iOS) requiren que o usuario prema un botón en pantalla para activar o modo escoita de Alexa. Actualmente a interacción e comunicación verbal de Alexa só está dispoñible en inglés, alemán, francés, castelán e xaponés.

Cara a setembro de 2017, Amazon contaba con máis de 5000 empregados traballando en Alexa e produtos relacionados e constitúe un foco moi importante da estratexia de novos produtos da empresa.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Griswold, Alison (27/9/2017). "Amazon says there are now 5,000 people working just on Alexa". Quartz. Consultado o 28/9/2017.