Asistente persoal intelixente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un asistente persoal intelixente é un axente tipo software que pode realizar tarefas ou ofrecer servizos a un individuo. Estas tarefas ou servizos están baseados en datos de entrada de usuario, recoñecemento de situación e a habilidade de acceder á información dunha variedade de recursos en liña (como o clima ou o tráfico, noticias, prezos de accións, o horario do usuario, os prezos polo miúdo, etc). Algúns exemplos de asistentes persoais son Siri de Apple, Braina, Google Now, Amazon Echo, Microsoft Cortana, S Voice de Samsung, Voice Mate, Silvia e Hidi de HTC.

Descrición[editar | editar a fonte]

De acordo co investidor de capital risco, Chi-Hua Chien,[1] da firma Kleiner Perkins Caufield & Byers, os exemplos de tarefas que poden ser executadas por axentes persoais intelixentes automatizados [2] inclúen o manexo da axenda (por exemplo: mandar unha alerta a alguén que chegará tarde á súa cea por un inconveniente de tráfico, actualización de horarios para ambas as partes, e cambiar o horario de reserva do restaurante) e un controlador persoal de saúde (por exemplo: monitorear a inxestión diaria de calorías, o ritmo cardíaco e o réxime de exercicio, e despois facer recomendacións e dar opcións para mellorar a saúde).

A tecnoloxía do asistente persoal intelixente é posíbel pola combinación de dispositivos móbiles, interfaces de programación de aplicacións (APIs), e a proliferación de aplicacións móbiles. Non obstante, os asistentes persoais automatizados son deseñados para realizar tarefas que só son especificadas unha vez a través da voz do usuario mentres que os axentes persoais intelixentes realizan tarefas en curso (por exemplo: actualización na axenda ou calendario) de forma autónoma.

Historia[editar | editar a fonte]

O asistente persoal intelixente ten as súas orixes nun proxecto de intelixencia militar artificial chamado CALO, polas súas siglas en inglés "cognitive assistant that learns and organizes” que significa asistente cognitivo que aprende e organiza.[3] Adam Cheyer, un manager do proxecto CALO, colleu unhas persoas do SRI International do centro de intelixencia artificial e formou un equipo para empezar a creación de Siri. Este foi o primeiro asistente persoal intelixente coñecido.

Aspectos dun asistente persoal intelixente[editar | editar a fonte]

Organizar e manter información[editar | editar a fonte]

Un dos aspectos clave dun asistente persoal intelixente é a súa habilidade para organizar e manter información. Isto inclúe o manexo de correos electrónicos, eventos no calendario, arquivos, lista para seguir, etc.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Chi-Hua Chien". CrunchBase. 24 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de febreiro de 2012. 
  2. Empson, Rip (29 de xullo de 2011). "Three Companies Chi-Hua Chien Of Kleiner Perkins Would Love To Invest In". TechCrunch. Consultado o 3 de febreiro de 2012. 
  3. Naone, Erica (March 2009). "TTR10: Intelligent Software Assistant". MIT Technology Review. Consultado o 28 de outubro de 2014. 
  4. Chaudhri, Vinay; Cheyer, Adam; Guili, Richard; Jarrold, Bill; Myers, Karen; Niekrasz, John. A Case Study in Engineering a Knowledge Base for an Intelligent Personal Assistant (PDF) (Informe).