Computación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Computación é calquera cálculo[1][2] que siga un modelo conceptual ben definido, que será entendido e expresado como, por exemplo, un algoritmo, ou un protocolo.

O estudo da computación é primordial na disciplina das ciencias da computación.

Computación fronte a cálculo[editar | editar a fonte]

Cálculo é un termo que atinxe á computación numérica, mentres que computación é un termo máis amplo para se referir ao procesamento de información en xeral.

Fenómeno físico[editar | editar a fonte]

A computación pode ser vista como un fenómeno puramente físico que acontece dentro dun sistema físico pechado chamado computador. Exemplos de tal sistema físico poden ser computadores dixitais, computadores mecánicos, computadores cuánticos, computadores ADN, computadores moleculares, computadores analóxicos ou computadores neuronais. Este é o punto de vista adoptado pola rama da física teórica chamada física da computación.

Un punto de vista máis radical é o postulado da física dixital de que a evolución do universo mesmo é unha computación, o pancomputacionalismo, ou teoría do universo computacional.

Proposicións da computación[editar | editar a fonte]

Proposición da correspondencia[editar | editar a fonte]

Unha proposición clásica da computación atópase nos traballos de Hilary Putnam e outros. Peter Godfrey-Smith alcumouna como a “proposición da correspondencia simple”.[3] A síntese de Gualtiero Piccinini sobre esta proposición declara que se pode afirmar que un sistema físico efectúa unha computación específica cando existe unha correspondencia entre o estado dese sistema e a computación, tal que "os estados microfísicos do sistema emulan as transicións de estado entre os estados computacionais".[4]

Proposición semántica[editar | editar a fonte]

Filósofos como Jerry Fodor[5] teñen suxerido varias proposicións da computación, coa restrición de que o contido semántico é unha condición necesaria para a computación (isto é, que o que diferencia un sistema físico arbitrario dun sistema computacional é que neste os operandos da computación representan algunha cousa). Esta noción trata de eludir a abstracción lóxica da proposición da correspondencia do pancomputacionalismo, a idea de que sexa posíbel dicir que todas as cousas computan todas as cousas.

Proposición mecanicista[editar | editar a fonte]

Gualtiero Piccinini propón unha computación baseada no mecanicismo. Postula que os sistemas físicos computacionais son un tipo de mecanismo que, por deseño, efectúa computacións físicas, ou “a manipulación (por un mecanismo funcional) dun vehículo independente do medio, segundo unhas regras". A independencia do medio permite o uso de variábeis físicas con trazos distintos da voltaxe (como nos computadores dixitais típicos); isto resulta imperativo se consideramos outros tipos de computación, como a que se dá no cerebro ou na computación cuántica. Unha regra, neste contexto, fornecerá unha correspondencia entre entradas, saídas e estados internos do sistema físico computacional.[6]

Modelos matemáticos[editar | editar a fonte]

A teoría da computación ten desenvolvido unha serie de modelos matemáticos de computadores. Os modelos de computador matemáticos típicos son os seguintes:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Computation from the Free Merriam-Webster Dictionary
  2. http://www.answers.com/topic/computation
  3. Godfrey-Smith, P. (2009). "Triviality Arguments against Functionalism". Philosophical Studies 145 (2): 273–95. 
  4. Piccinini, Gualtiero (2015). Physical Computation: A Mechanistic Account. Oxford: Oxford University Press. p. 17. ISBN 9780199658855. 
  5. Fodor, J. A. (1981). "The Mind-Body Problem". Scientific American 244 (January 1981). 
  6. Piccinini, Gualtiero (2015). Physical Computation: A Mechanistic Account. Oxford: Oxford University Press. p. 10. ISBN 9780199658855.