Saltar ao contido

Sala chinesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Sala Chinesa é un experimento mental, proposto orixinalmente por John Searle e popularizada por Roger Penrose, mediante o que se procura rebater a validez da proba de Turing.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Suponse unha sala completamente illada do exterior, agás por algún tipo de dispositivo (un oco para follas de papel, por exemplo) polo que se poden facer entrar e saír textos escritos en chinés.

Suponse tamén que nesa sala hai unha persoa que non sabe chinés, pero que está equipada cunha serie de manuais que lle indican as regras que relacionan os caracteres chineses (algo parecido a "Se entran tal e tal caracteres, escribe tal e tal outros").

Deste xeito, a persoa que manipula eses textos é capaz de responder a calquera texto en chinés que se lle introduza, e facer crer a un observador exterior que entende o chinés.

Dada esta situación, cabe preguntarse:

  • ¿O operador da sala entende chinés?
  • ¿Os manuais entenden chinés?
  • ¿É a sala en conxunto a que entende chinés?

De acordo aos creadores do experimento, os defensores da intelixencia artificial deben admitir que, ou ben a sala comprende o idioma chinés, ou ben o pasar a proba de Turing non é proba suficiente de intelixencia.