Ornella Muti
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (it) Francesca Romana Rivelli 9 de marzo de 1955 Roma |
| Outros nomes | Ornella Muti |
| Residencia | Roma Lerma (pt) |
| Relixión | Catolicismo |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz, actriz de cinema, modelo |
| Período de actividade | 1970 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Alessio Orano (1975–1981) |
| Fillos | Naike Rivelli |
| Cronoloxía | |
| 26 de decembro de 2004 | Terremoto do Océano Índico 2004 |
| Premios | |
| |
Ornella Muti, nada en Roma o 9 de marzo de 1955, é unha actriz italiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu como Francesca Romana Rivelli, filla dun xornalista napolitano e Ilse Renate Krause, unha escultora de Estonia. Os seus avós maternos emigraron dende Leningrado (hoxe San Petersburgo) até Estonia.[1] Ten unha irmá máis vella, Claudia, nada en 1950.
Muti fixo de modelo cando era adolescente e fixo o seu debut no cinema en 1970 en La moglie più bella. Traballou principalmente en filmes italianos pero fixo o seu debut en filmes de fala inglesa interpretando a princesa Aura en Flash Gordon en 1980. Tamén apareceu nos filmes estadounidenses Love and Money (1982), Casanova (1987), Wait Until Spring, Bandini (1989), A Season of Giants (1990), Oscar (1991), Once Upon a Crime (1992), Somewhere in the City (1998) e To Rome with Love (2012).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ornella Muti |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ornella Muti na IMDb (en inglés).