Citoloxía vaxinal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Resultado dunha citoloxía vaxinal normal

A citoloxía vaxinal, tamén chamada proba de Papanicolau ou frotis de Papanicolaou, é un exame microscópico de células obtidas por raspado do cérvix uterino.

Descrición[editar | editar a fonte]

Procedemento[editar | editar a fonte]

A citoloxía vaxinal forma parte dun exame xinecolóxico consistente no exame do interior da vaxina da paciente. Realízase introducindo un espéculo na vaxina e abríndoo lixeiramente, de forma que se poida tomar unha mostra das células exteriores e do canal do pescozo uterino cunha espátula de madeira ou plástica, e posteriormente introducir un cepillo. As células poden colocarse nunha lámina de vidro sobre a que se aplica un fixador, ou ben poden gardarse nun recipiente cun conservante para enviarse máis tarde ao laboratorio de anatomía patolóxica.

Durante a realización da proba pode haber un pouco de molestia, parecido aos cólicos menstruais. Ademais tamén pode haber sangrado despois da proba e unha sensación de presión durante o procedemento.

A primeira citoloxía debe realizarse antes de comezar a ter relacións sexuais e despois de que pase un ano. Se todo é normal faranse cada certo tempo, a non ser que a paciente forme parte dun grupo de risco. Neste último caso realizaranse cada ano. As mulleres de alto risco son aquelas que comezaron a ter relacións sexuais antes dos 18 anos, que tiveron varias parellas sexuais ou que tiveron herpes ou verrugas xenitais. As mulleres de 60 anos en adiante poden deixar de facerse citoloxías.

Resultados[editar | editar a fonte]

Un valor normal é negativo, isto significa que non hai células anormais. O sistema actual divide os resultados en tres áreas:

Un resultado positivo non proba que haxa cancro, nin tan sequera displasia, pero normalmente significa que debe realizarse unha colposcopia ou unha biopsia. Aínda que non é infalible, este proba detecta ao redor dun 95% dos cancros cervicais, e ademais faino de forma que os detecta nun estado no que aínda non se aprecian a simple vista.

A frecuencia do cancro de cérvix diminuíu moito nos países desenvolvidos nos últimos 30 anos debido, en gran parte, á realización periódica das citoloxías.