Amebíase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ciclo biolóxico da Entamoeba histolytica
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A amebíase é unha infestación[1] causada por un parasito protozoo, a Entamoeba histolytica, morfoloxicamente idéntica á Entamoeba dispar, que non obstante non é un patóxeno.[2]. É unha das infeccións máis comúns do mundo, e causa da morte de entre 40.000 e 100.000 persoas ao ano, a maioría en países do Terceiro Mundo[3].

Patoloxía[editar | editar a fonte]

Os quistes da Entamoeba histolytica entran no corpo humano a través da auga ou pola comida non cociñada, contaminada por feces humanas. Unha vez dentro os quistes aséntanse no colon e liberan os trofozoítos[4]. Se os parasitos invaden a membrana mucosa poden provocar úlceras que se poden esparexer por todo o intestino causando severas hemorraxias, pero só en moi raros casos chegan a perforar o intestino[5]. Secundariamente pode causar infeccións cutáneas, con ulceracións máis frecuentes na zona perianal e xenital[6].

A Entamoeba histolytica non ten un período de incubación definido, e mesmo pode permanecer anos en estado latente[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Algúns autores defínena como a invasión do corpo humano pola Entamoeba histolytica haxa ou non síntomas de infección: Hans-Dieter Kuntz Hepatology: Principles and Practice: History, Morphology, Biochemistry, Diagnostics, Clinic, Therapy, 2ª ed. Birkhäuser, 2006, páxina 486.
  2. Nicholas A. Boon et al.: Davidson's Principles And Practice of Medicine. Elsevier Health Sciences, 2006, páxina 358.
  3. Dres H. C. Doerr e T. G. Ashworth: Tropical Pathology, 2ª ed. Springer, 1995, páxina 491 e ss.
  4. Carolyn D. Berdanier, Johanna T. Dwyer e Elaine B. Feldm Handbook of nutrition and food, 2ª ed. CRC Press, 2007, páxina 54.
  5. David W. Day et al.: Morson and Dawson's Gastrointestinal Pathology, 4ª ed. Wiley-Blackwell, 2003, pp. 482-484.
  6. D. A. Warrell et al.: Oxford Textbook of Medicine, 4ª ed. Oxford University Press, 2003, páxina 717.
  7. Hans-Dieter Kuntz, ob. cit, páxina 487.