Hepatite B

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hepatite B
Clasificación e recursos externos
OMIM610424
DiseasesDB5765
MedlinePlus000279
eMedicineped/978
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A hepatite B é unha doenza infecciosa do fígado causada polo virus da hepatite B, pertencente á familia Hepadnaviridae (virus ADN hepatotrópico) e caracterizada por necrose hepatocelular e inflamación. Pode causar un proceso agudo ou un proceso crónico, que pode acabar en cirrose (perda da "arquitectura" hepática por cicatrización e xurdimento de nódulos de rexeneración) do fígado, cancro de fígado, insuficiencia hepática, fatiga, febre, ictericia e mesmo a morte.

O tratamento da hepatite está intimamente relacionada co tratamento da infección polo VIH, pois as dúas enfermidades requiren un amplo coñecemento da inmunoloxía, a viroloxía, a xenética e o coñecemento das actuais normas terapéuticas, que adoitan cambiar rapidamente coas actualizacións modernas.

De todos os tipos de hepatites que existen, a Hepatite B é a máis perigosa de todas seguida da hepatite A.

Epidemioloxía[editar | editar a fonte]

Distribución xeográfica da prevalencia da hepatite B no ano 2005:      Alta: prevalencia superior a 8%      Intermedio: entre 2 e 7%      Baixa: inferior a 2%.

A hepatite B propágase por medio do contacto coa saliva, o sangue, o seme, ou outro líquido corporal dunha persoa infectada (por suposto a saliva debe estar en contacto con sangue previo como feridas bucais ou carie). O principal modo de transmisión reflicte a prevalencia da hepatite B crónica nunha zona determinada. Así, nas rexións de baixa prevalencia, como os Estados Unidos e Europa Occidental, onde menos do 2% da poboación está crónicamente infectada, o uso indebido de drogas por inxección e as relacións sexuais sen protección son as principais vías de transmisión, aínda que outros factores poden ser importantes.[1] Nas zonas de prevalencia moderada, incluída Europa do Leste, Rusia e o Xapón, onde o 2 e o 7% da poboación está crónicamente infectada, a doenza é frecuente entre gran parte dos nenos. Nas zonas de alta prevalencia en rexións como a China e o sueste de Asia, a transmisión durante o parto é máis común, aínda que noutras zonas de alta endemicidade como África, a transmisión durante a infancia é un factor importante.[2] A prevalencia da infección crónica por hepatite B nas zonas de alta endemicidade é de polo menos 8%.

Os distintos niveis de seroprevalencia do VHB explícanse polo nivel socio-económico dunha rexión e a vacinación: permite unha baixa prevalencia, por exemplo, na illa de Reunión, departamento francés no Índico, onde só o 0,7% da poboación está afectada, ou ben unha elevada prevalencia, como en África, onde a miúdo supera o 15%. Por exemplo, en Madagascar, a prevalencia é do 16%, debido ás frecuentes transmisións de nai-fillo e o escaso uso de preservativos, que promove a transmisión sexual. A hepatite B é tamén altamente endémica na China e o sueste asiático, partes de Oriente Medio, a conca do Amazonas, illas do pacífico e algunhas illas do Caribe.

Dende a ampliación da vacinación, a prevalencia da hepatite B atópase en forte descenso naqueles países cunha política de vacinación en curso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redd JT, Baumbach J, Kohn W; et al. "Patient-to-patient transmission of hepatitis B virus associated with oral surgery" (PDF) (9). 
  2. Alter MJ. "Epidemiology and prevention of hepatitis B" (1). PMID 12616449. doi:10.1055/s-2003-37583.