Tristan da Cunha
Himno | God Save the King | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Tristão da Cunha | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Territorio Británico | Santa Helena | ||||
Capital | Edimburgo dos Sete Mares | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 246 (2019) (1,19 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 207 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 2.062 m | ||||
Punto máis alto | Queen Mary's Peak (pt) (2.062 m) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | +2908 | ||||
Código de país | sen valor e TA | ||||
ISO 3166-2 | SH-TA | ||||
Páxina web | tristandc.com |
Tristan da Cunha[1] é un remoto arquipélago no sur do océano Atlántico. Constitúese como unha dependencia de Santa Helena, a cal forma parte do Territorio Británico de Ultramar. É o arquipélago habitado máis remoto do mundo, pois o lugar habitado máis próximo, a illa de Santa Helena, atópase a 2 161 km.
O territorio consiste na illa habitada de Tristan da Cunha, as reservas naturais da illa de Gonçalo Álvares e da Illa Inaccesible, e as deshabitadas illas Nightingale. A data de abril de 2020 a poboación da illa principal era de 246 persoas.[2] As outras illas están deshabitadas, exceptuando o persoal dunha estación meteorolóxica na illa de Gonçalo Álvares. Non hai aeródromos de ningún tipo, polo que o único xeito de chegar a Tristan da Cunha é por mar, nunha viaxe de seis días dende Suráfrica.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O arquipélago consiste nas illas de:
- Tristan da Cunha
- Illas Nightingale
- Illa Inaccesible
- Illa Gough (Descuberta polo navegante portugués Gonçalo Álvares foi primeiramente coñecida co nome deste e posteriormente por deturpación coma Diogo Alvares [4], a 350 km)
- Illa Middle
- Stoltenhoff
A illa principal é bastante montañosa; a única área chá contén a vila de Edimburgh of the Seven Seas, a capital. O punto máis alto, The Peak (2.010 m), fica cuberto de neve no inverno.
Tristan da Cunha é lugar de cría dos albatros viaxeiros (Diomedea exulans).
Poboación
[editar | editar a fonte]A poboación non chega aos 300 habitantes, todos cun dos sete apelidos. Porén, os apelidos non son utilizados na práctica. Fálase inglés e a relixión practicada é a anglicana. Existen algúns problemas de saúde debido á endogamia, incluíndo a asma e o glaucoma, consecuencia do casamento inevitable entre casais con grao de parentesco próximo, como por exemplo casamentos entre curmáns en segundo grao, causando un cada vez máis restrinxido recurso xenético.
O arquipélago non posúa aeroporto, tendo apenas un pequeno porto pesqueiro.
Todas as familias Tristán son agricultores, donos do seu propio gando. Toda a terra é de propiedade comunal. Cantidade de gando é estritamente controlada para conservar os pasteiros e evitar que as familias máis acomodadas acumulen riqueza. Á data de 2003, non estaba permitido o establecemento de estranxeiros.
As principais fontes de ingreso de divisas son a fábrica da lagosta e a venda de selos postais e moedas para coleccionistas no estranxeiro. A maioría das persoas teñen dúas ocupacións, a miúdo traballando para o goberno local. Moitos habitantes teñen parcelas de terra (nos parches) na que cultivan patacas.
A televisión non chegou á illa ata o ano 2001, e a única canle dispoñible é o Servizo de Radiodifusión das Forzas Británicas nas Illas Malvinas. Tampouco existen xornais.
Cable and Wireless presta o servizo de telecomunicacións no territorio. Ten o código de chamada internacional 290 desde 2006.
Existe unha escola, un hospital, un posto de correos, un museo, un café, un bar (pub), e unha piscina. Despois dos 16 anos, aqueles que desexan proseguir os estudos poden facelo en Gran Bretaña.
A maior fonte de proveitos externos do arquipélago é a venda de selos para colección. Por esta razón, TA e TAA ten unha reserva excepcional ao abrigo do ISO 3166-1 a pedido da UPU (Unión Postal Universal) para representar Tristan da Cunha. Outra fonte de rendemento é a pesca de lagosta para exportación para o Xapón e os Estados Unidos.
Historia de Tristan da Cunha
[editar | editar a fonte]O arquipélago foi descuberto en 1506 polo navegante portugués Tristão da Cunha, que deu o seu nome á illa, aínda que non puido atracar; foi máis tarde anglicizado a Tristan da Cunha nome oficial da illa.
A primeira volta ao arquipélago foi feita pola fragata francesa L'Heure du Berger no 1767. Posteriormente os ingleses exploraron a illa principal e trazaron unha primeira cartografía. Detectouse a presenza de auga nunha grande fervenza de Big Watron e nun lago no Norte da illa, e os resultados foron publicados por un hidrógrafo da Royal Navy en 1781.
O primeiro colono permanente foi Jonathan Lambert, de Salem, Massachusetts, que chegou ás illas en 1810. Declarounas propiedade súa e renomeounas Illas do Refresco (Refreshment). A súa soberanía foi curta, pois morreu nun accidente marítimo en 1812. Con todo, a grande riqueza que conseguiu coa venda de aceite de león mariño a navíos de pasaxe está, suponse, aínda agochada nalgún lugar da illa.
En 1815 os británicos anexaron formalmente as illas, sobre todo como medida para asegurar que os franceses non as puidesen usar como base para unha operación de rescate para liberar Napoleón Bonaparte da súa prisión en Santa Helena.
As illas foron ocupadas por unha guarnición de marines británicos, e a poboación civil foise establecendo gradualmente. Os baleeiros crearon tamén nas illas unha base de operacións no Atlántico Sur. Con todo, a apertura da Canle de Suez en 1869, xunto coa substitución dos buques de vela por buques a vapor, aumentaron o illamento das illas, xa que xa non eran necesarias como porto de parada para as viaxes desde Europa ata o afastado oriente.
En 1867, o príncipe Alfredo, duque de Edimburgo e o segundo fillo da raíña Vitoria, visitou as illas. O principal asentamento, Edimburgo dos Sete Mares, foi nomeado na honra da súa visita. O irmán máis novo de Lewis Carroll, o reverendo Edwin H. Dodgson, serviu como profesor misioneiro anglicano na escola de Tristan da Cunha na década de 1880. O segundo duque de Edimburgo, o esposo da raíña Isabel II, visitou as illas en 1957 como parte dunha xira mundial a bordo do iate real Britannia.
O 12 de xaneiro de 1938, por patente de real, as illas foron declaradas unha dependencia de Santa Helena. Antes disto, os barcos que paraban irregularmente na illa por un período de poucas horas.
Durante a segunda guerra mundial, as illas foron utilizadas como estación meteorolóxica e de radio secreta da Mariña Real, para vixiar os barcos U e os movementos alemáns no océano Atlántico Sur. O primeiro administrador foi nomeado polo goberno británico durante este tempo.
En 1961, unha erupción volcánica obrigou á evacuación de toda a poboación ao campamento do exército en Pendell Merstham, Surrey, Inglaterra, antes de trasladarse a unha antiga estación da Forza Aérea Real en Calshot preto de Southampton, Inglaterra. En 1962, unha expedición da Royal Society foi ás illas para avaliar os danos, e informou que o asentamento de Edimburgo dos Sete Mares fora só parcialmente afectado. A maioría das familias regresaron en 1963.
O 23 de maio de 2001, as illas experimentaron un ciclón extratropical que xerou ventos de ata 120 quilómetros por hora. Varias estruturas foron danadas severamente e morreu un gran número de gando, o que provocou a axuda de urxencia do goberno británico.
En 2005, as illas recibiron un código postal do Reino Unido (TDCU 1ZZ) para que sexan máis doados os pedidos de bens en liña para os residentes.
En 2009, entrou en funcionamento a nova constitución de Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha. A nova Constitución substitúe a versión de 1988 e entre outros cambios están as competencias do Gobernador, inclúe unha Carta de Dereitos, estabelece a independencia do poder xudicial e a administración pública e designa oficialmente ao Gobernador de Santa Helena que, ao mesmo tempo, o Gobernador de Ascensión e de Tristan da Cunha. Tamén se pon fin ao status de "dependencia" de Ascensión e Tristan da Cunha en Santa Helena
O 16 de marzo de 2011, o cargueiro de bandeira maltesa MS Oliva encallou na illa Nightingale, derramando toneladas de cru pesado no océano.
Ata hoxe, os habitantes de Tristan da Cunha continúan a ser membros da Commonwealth Británica.
A illa deu o nome ao albatros de Tristán, que entre tanto xa se extinguiu no arquipélago.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Forma empregada pola Enciclopedia Galega Universal
- ↑ "Poboación de Tristan da Cunha". www.tristandc.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2019. Consultado o 13 de abril de 2020.
- ↑ "Tristan da Cunha: a journey to the centre of the ocean" (en inglés). 6 de agosto de 2013. Consultado o 13 de abril de 2020.
- ↑ Da web de Tristan da Cunha: "Gough was discovered by the Portuguese Captain Goncalo Alvares probably in 1505 and was originally named after him, being corrupted into the name 'Diego Alvarez' later." Fonte:http://www.tristandc.com/gough.php vista o 10 de decembro de 2013