Navegante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


O navegante esloveno Veliki Viharnik.

Un navegante[1] é a persoa encargada da navegación dun barco ou dunha aeronave.[2] Tamén fai referencia a toda persoa que viaxa en alta mar, ben sexa en solitario ou como mariño profesional.

Funcións[editar | editar a fonte]

A principal responsabilidade dun navegante é a de ter conta da posición da nave en todo momento. Ademais, debe determinar a ruta a seguir, planificar a viaxe e comunicar ao capitán o tempo estimado de viaxe durante a travesía. Tamén está a cargo do mantemento das cartas náuticas e o equipamento de navegación da nave, así como as comunicacións e os equipamentos meteorolóxicos.

Modernización[editar | editar a fonte]

Coa aparición da tecnoloxía de Sistema de posicionamento global (máis coñecida como GPS), xa case non se require esforzo algún para determinar a posición dunha nave, xa que permite achar a posición dun obxecto, persoa, vehículo ou nave con gran precisión en todo o mundo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para navegante.
  2. Grierson, Mike. FrancoFlyers.org, ed. "Aviation History—Demise of the Flight Navigator". Consultado o 15 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]