Edimburgo dos Sete Mares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Edimburgo dos Sete Mares
Edinburgh of the Seven Seas
Tristan da Cunha4.jpg
Localización
Edimburgo dos Sete Mares en Tristan da Cunha
Edimburgo dos Sete Mares
Edimburgo dos Sete Mares
PaísFlag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Territorio Británico de UltramarSanta Helena, Ascensión e Tristan da Cunha
IllaFlag of Tristan da Cunha.svg Tristan da Cunha
Xeografía
Superficie98 km² km²
Demografía
Poboación302 hab.
Densidade2,69 hab/km²
Outros datos
AlcaldeMike Hentley

Edimburgo dos Sete Mares (ou sinxelamente Edimburgo, en inglés: Edinburgh of the Seven Seas) é o principal asentamento e capital da illa Tristan da Cunha, un territorio dependente de Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha e, por conseguinte, do Reino Unido. Os habitantes da illa denomínana como "The Settlement" ("O Asentamento") ou "The Village".[1]

Tamén é coñecido por ser considerado polo Libro Guinness dos Récords como o asentamento humano estable máis remoto do planeta, xa que o máis achegado fica na illa Santa Helena, a 2.173 km ó norte.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O establecemento foi fundado en 1815 co nome de Fort Malcom para evitar que, dende Tristan da Cunha, as tropas francesas intentasen tomar o asalto da illa de Santa Helena onde cumpría o seu exilio Napoleón. Para isto, unha gornición militar mantívose nas illas e permaneceu ata o final da Segunda Guerra Mundial.

Recibiu o seu nome actual en honor á visita que fixo o Príncipe Alfredo, Duque de Edimburgo, en 1867 na súa viaxe ao redor do mundo percorrendo as diferentes posesións británicas de ultramar.

Foi danado nunha erupción volcánica do Pico da Reina María no 1961, o que obrigou á poboación a abandonar o asentamento e evacuar a Calshot no Reino Unido. A erupción destruíu a fábrica de langostas do asentamento.

Tras o regreso da maioría dos habitantes da illa en 1963, o asentamento foi reconstruído. O porto de Edimburgo foi nomeado Calshot Harbour, en honor ao seu fogar temporal.

Transporte[editar | editar a fonte]

Hai unha estrada, M1, que conecta a cidade con outros asentamentos menores e é utilizada polos poucos coches privados na illa. Hai camiños pavimentados que proporcionan acceso a pé ós edificios ao redor da cidade. Un servizo de autobús chamado "Potato Patches Flier" está dispoñíbel para os visitantes na cidade aos lugares da illa.[3][4]

Todos os vehículos de motor na illa teñen placas de Tristan da Cunha que consisten en letras TDC e 2 ou 3 números.[5]

A única forma de transporte é en barco e a cidade ten un pequeno porto e atracadoiros accesíbeis unicamente por pequenas embarcacións.

Clima[editar | editar a fonte]

Datos climáticos para Edimburgo dos Sete Mares
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 20 21 20 18 17 15 14 14 14 15 17 19 17
Media mínima en °C 16 17 16 15 13 11 11 10 10 11 13 15 13,2
Precipitación media mm 93 113 121 129 155 160 160 175 169 151 128 127 1 681
Media de días con chuvia 18 16 17 20 23 23 25 26 24 22 18 19 251
Media de horas de sol mensuais 139,5 142,8 145,7 129 108,5 99 105,4 105,4 120 133,3 138 130,2 1 496,8
Fonte: climatetemp.info[6]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Saint Helena Independent Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine. 25 de marzo de 2011 p. 3
  2. http://www.tristandc.com/settlement.php
  3. http://www.tristandc.com/newstransport.php
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2014. Consultado o 29 de abril de 2015. 
  5. http://www.olavsplates.com/tristan_da_cunha_abroad.html
  6. climatetemp.info (ed.). "Climate Data". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 12 de xaneiro de 2012.