Anthonie Heinsius
Anthonie Heinsius (Antonius Heinsius) | |
---|---|
![]() Gravado cun retrato de Anthonie Heinsius | |
Nacemento | 22 de decembro de 1641. |
Lugar de nacemento | ![]() ![]() ![]() |
Falecemento | 3 de agosto de 1720 (78 anos). |
Lugar de falecemento | ![]() ![]() ![]() |
Soterrado | Igrexa vella de Delft |
Nacionalidade | ![]() |
Ocupación | Político |
Pai | Mr. Adriaan Heynsius |
Nai | Maria Dedel |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Anthonie Heinsius (coñecido tamén polo seu nome latinizado: Antonius Heinsius), nado na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, o 23 de novembro de 1641 e finado na Haia, o 3 de agosto de 1720, foi un político e estadista holandés que exerceu como Gran Pensionario de Holanda desde 1689 ata a súa morte en 1720.[1][2][3]
O pai de Anthonie era un coñecido e próspero comerciante da vila de Delft procedente dunha familia da aristocracia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros nomeamentos[editar | editar a fonte]
En 1679 foi nomeado Pensionario (alto funcionario responsable da administración) en representación da cidade de Delft nas Provincias Unidas e en 1687 ingresou no consello da cámara de Delft da Compañía Holandesa das Indias Orientais (VOC).
En 1682 foi nomeado negociador especial para Francia polo estatúder Guillerme III de Orange. A súa misión era a negociación da ocupación do Principado de Orange polo monarca francés Luís XIV. Malia o infrutuoso da misión, Guillerme III obtivo unha impresión moi favorable de Heinsius.[4]
Gran Pensionario[editar | editar a fonte]
O 27 de maio de 1679, cando Guillerme III foi investido como rei de Ingaterra e tivo que partir para Londres, nomeou a Heinsius Gran Pensionario dos Estados de Holanda e Frisia Occidental, o que o convertía de facto no home con máis poder dos Estados Xerais dos Países Baixos.[5] Desde ese momento pasou a ser o home forte de Guillerme, quen deixou nas súas mans a responsabilidade do goberno dos asuntos holandeses.
Heinsius era un duro negociador e un dos adversarios máis decididos e obstinados do expansionismo político de Francia.
El foi un dos promotores das coalicións antifrancesas durante a Guerra dos Nove Anos (1688-1697) e a Guerra de Sucesión Española (1701-1714). Despois do falecemento de Guillerme III en 1702, o poder de Heinsius nos Estados Xerais minguou, aínda que mantivo o seu título de Gran Pensionario ata a súa morte en 1720.[6]
Anthonie Heinsius foi soterrado na Igrexa Vella (Oude Kerk) da súa vila natal de Delft.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Anthonie Heinsius. Dutch statesman". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)
- ↑ "Anthonie Heinsius * 1641 - ✝ 1720". No sitio web oficial das Igrexas Nova e Vella de Delft (en inglés)
- ↑ "Anthonie Heinsius". En Larousse.fr (en francés)
- ↑ "Anthonie Heinsius Pensionary of Holland 22 November 1641 - 3 August 1720". En SpanishSuccession.nl (en inglés)
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2015. Consultado o 22 de febreiro de 2018.
- ↑ "Heinsius, Antonie, Gran Pensionario d'Olanda". En Enciclopedia Italiana. 1933 (en italiano)
- ↑ Listaxe de personaxes soterrados na Igrexa Vella de Delft, no sitio web oficial da igrexa (en inglés e castelán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anthonie Heinsius ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- De Jongste, J.; Veenendaal, A. Anthonie Heinsius and the Dutch Republic 1688-1720: : politics, war, and finance. Instituut voor Nederlandse Geschiedenis. A Haia, 2002 [ISBN 90-5216-123-2] (en inglés)
- Veenendaal A.jr. De briefwisseling van Anthonie Heinsius 1702-1720. A Haia. 1976-2001 [ISBN 9024719062] (en neerlandés)