Saltar ao contido

Clara van Spaerwoude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClara van Spaerwoude
Nome orixinalClara Jansdochter van Spaerwoude
Biografía
NacementoCa. 1530.
Delft
Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos.
Morte4 de agosto de 1615
Delft
Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos.
Lugar de sepulturaIgrexa vella de Delft Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidade Provincias Unidas
Q89547790Filántropa
Familia
CónxuxeArent Vranckenzn. van der Meer Editar o valor en Wikidata
FillosNingún Editar o valor en Wikidata


Clara Jansdochter van Spaerwoude (ás veces escrito Sparwoude), nada na cidade surholandesa de Delft arredor do ano 1530 e finada na mesma cidade o 4 de agosto de 1615, foi unha muller nobre dos Países Baixos coñecida e lembrada pola súa grande riqueza e os diversos fondos que deixou para a caridade como legado.

É de salientar a concesión dunha suma de diñeiro a cada un dos seus parentes e descendentes, que se mantivo vixente ata 1922, cando o fondo foi liquidado polo Goberno holandés.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Clara era a filla de Jan Heyndrixzn (1477-1552) un ourive de Delft, e a súa segunda muller, Willemtgen Willemsdr (1495-1564). En 1556 casou Arent Vranckenzn Van der Meer (finado 1596), un militar de alto rango e burgomestre de Delft.

Clara faleceu o 4 de agosto de 1615 e foi soterrada catro días despois na Igrexa Vella (Oude Kerk) da súa vila natal de Delft, onde aínda hoxe se pode visitar a súa  prominente tumba.[2]

Ao non teren fillos Clara e o seu home, ela deixou ordenado que á súa morte se destinase a súa considerable riqueza a diversos proxectos benéficos, entre os que se incluía un fondo para "parentes pobres", que deu en interpretarse en relación cos descendentes do seu medio-irmán máis vello, Adriaan, e da súa medio-irmá máis nova, Maritgen. De feito, os primeiros pagamentos fixéronse xa no momento dos seus respectivos casamentos.

Aínda que ao principio os pagamentos supuñan importantes cantidades de diñeiro, o seu valor foise reducindo co paso dos anos, como resultado da inflación e do número de parentes. A principios do século XX, o Goberno holandés destinou un funcionario ao mantemento do legado de Clara van Spaerwoude e ao control das doazóns aos seus descendentes.

Na década de 1920, o fondo tiña aínda arredor de medio millón de floríns, mais o importe de cada pagamento descendera xa ao equivalente de 11,35 euros. En 1922, o Goberno holandés aprobou unha lei que liquidaba o saldo do fondo e o distribuía entre 10 % máis pobre dos descendentes adultos de Spaerwoude.[3]

  1. Biografía de Clara van Sparwoude Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  2. Epitafio de Clara van Spaerwoude. En "Graven en epitafen". Sitio eweb oficial das Igrexas Nova e Vella de Delft (en neerlandés)
  3. "Clara van Spaerwoude 1529 -1615". Datos biográficos de Clara van Spaerwoude e información sobre o seu legado. No sitio web oficial das Igrexas Nova e Vella de Delft (en neerlandés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Meijer-Schaap, Aafje. Delftse vrouwen van vroeger door Delftse vrouwen van nu. Quantes Uitgevers, VOC. 1996. [ISBN 9789075095234] (en neerlandés)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]