Hendrick Cornelisz. van Vliet
Hendrick Cornelisz. van Vliet | |
---|---|
![]() Debuxo de Hendrick Cornelisz. van Vliet | |
Nacemento | c. 1611 |
Delft | |
Falecemento | 28 de outubro de 1675 |
Delft | |
Nacionalidade | ![]() |
Eido | Pintura |
Movemento | Escola de Delft |
Influenciado por | Gerrit Houckgeest |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hendrick Cornelisz. van Vliet, nado arredor de 1611 na cidade surholandesa de Delft e finado na mesma cidade en 1675, foi un pintor dos Países Baixos do século de ouro holandés, membro da Escola de Delft, particularmente coñecido polas súas obras destinadas á decoración do interior de igrexas.[1][2][3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos seus primeiros anos en Delft estudou pintura baixo a dirección do seu tío Willem van der Vliet (ca. 1584-1642) e en 1632 fíxose membro do gremio de pintores de San Lucas ("Guilda de San Lucas") da mesma cidade.[4]
Os comezos da súa carreira artística veñen marcados pola pintura de edificios relixiosos, na liña do pintor Pieter Saenredam. Entre outras, encárganlle a pintura da igrexa de San Pedro, en Leiden, e, particularmente, a Igrexa Vella (Oude Kerk) e a Igrexa Nova (Nieuwe Kerk) da súa vila natal de Delft.
Van Vliet resultou moi impresionado pola poderosa renovación que Gerrit Houckgeest lle achegou ao desenvolvemento da perspectiva a partir de 1650.[5]
Faleceu en 1675 na cidade onde nacera e onde desenvolveu o máis salientable da súa traxectoria artística, e foi soterrado o 28 de outubro dese mesmo ano na Igrexa Vella (Oude Kerk), que anos antes se encargara de decorar.[6]
A súa obra[editar | editar a fonte]

As obras van Vliet pódense contemplar nos seguintes museos:[7][8]
- Rijksmuseum de Ámsterdam, Países Baixos.
- Walker Art Gallery de Liverpool, Reino Unido.
- Museo de Arte de Milwaukee, Wisconsin, Estados Unidos.
- The Ringling de Sarasota, Florida, Estados Unidos.
- Museo de Arte Nelson-Atkins en Kansas City, Missouri, Estados Unidos.
- Museo Pushkin de Moscova, Rusia.
- Museo de Belas Artes de Gante.
- Museo Metropolitano de Arte en Nova York.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Hendrick Cornelisz van Vliet". En Essential Vermeer (en inglés)
- ↑ Liedtke, W.A. "Hendrik van Vliet and the Delft School, Museum News". En The Toledo Museum of Art 21. 1979. P. 40-52 (en inglés)
- ↑ Notas biográficas de Hendrick van Vliet. En Web Gallery of Art (en inglés)
- ↑ "Vliet (Hendrick van of van der)". En Vander Aa, A.J. Biographisch Woordenboek der Nederlanden. XIX. Haarlem, 1876. P. 288 (en neerlandés)
- ↑ "Hendrick van Vliet". En Liedtke, Walter. Dutch Paintings in the Metropolitan Museum of Art. Nova York, 2007. P. 921-924 [ISBN 978-1-58839-273-2] (en inglés)
- ↑ Listaxe de personaxes soterrados na Igrexa Vella de Delft, no sitio web oficial da igrexa (en inglés e castelán)
- ↑ "Hendrick van Vliet". Instituto de Historia da Arte dos Países Baixos (en neerlandés)
- ↑ Obras de Van Vliet. En Web Gallery of Art (en inglés)
- ↑ Ficha da obra "Interior of the Oude Kerk, Delft" na web oficial do Museo Metropolitano de Arte de Nova York (en inglés)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hendrick Cornelisz. van Vliet ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Jantzen, Hans. Das Niederländische Architekturbild. Braunschweig. Klinkhardt & Biermann, 1910 (en alemán)
- Maillet, Bernard G. "Hendrick Cornelisz van". En La Peinture Architecturale des Écoles du Nord: les Intérieurs d'Églises, 1580-1720. Pandora Publishers. Wijnegem, 2012P. 414-455 . [ISBN 97890-5235-337-1] (en francés)
- Liedtke, Walter A. Architectural painting in Delft: Gerard Houckgeest, Hendrick van Vliet, Emanuel de Witte. Doornspijk. Davaco, 1982 [ISBN 9789070288112] (en inglés)