Saltar ao contido

The Maine Woods

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Maine Woods (Os bosques de Maine, en tradución literal suxerida ó galego) é un libro escrito polo autor estadounidense Henry David Thoreau.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A primeira edición do libro data do 1864[1], trala morte do autor. Esta edición foi preparada por Ellery Channing e Sophia Thoreau. Esta edición consistía en tres capítulos e un apéndice de termos técnicos. Aínda que os tres primeiros capítulos son completamente independentes, o autor tiña unha visión unitaria de todos eles[1]. Estes narran as tres viaxes de exploración que o autor realizou a través das forestas de Maine nos anos 1846, 1853 e 1857[1]. Os dous primeiros capítulos, Ktaadn e Chesuncook, foran publicados previamente en diarios, mais Thoreau revisounos profundamente para a publicación en formato libro. Ktaadn foi publicado no 1848 no diario Union Magazine de John Sartain[1]. O volume Chesuncook fóra publicado no 1858 na revista Atlantic Monthly de James Russell Lowell[1]. As dúas últimas partes, The Allegash and East Branch e o apéndice de termos técnicos, foron publicados por vez primeira na primeira edición, non sendo revisada polo propio autor. Debido a isto téñense observado erros e incongruencias, especialmente referentes a termos botánicos, vocábulos dos idiomas indíxenas ou disrupcións xeográficas e temporais no transcurso da viaxe[1]. Estes erros foron corrixidos en edicións sucesivas[1].

Temática

[editar | editar a fonte]
O monte Ktaadn polo artista Frederic Edwin Church (1853)

O libro mostra varios dos temas usuais nas obras de Thoreau.

Por unha banda, a paisaxe e a natureza son descritas de maneira detallada, con frases alongadas. A natureza, virxe ou case inafectada, é descrita cos ollos dun botánico, naturalista e xeógrafo. Son comunes as citas de flores e árbores, aves e animais e de accidentes xeográficos. De feito cada un dos diferentes capítulos levan coma título o nome dun lugar do estado de Maine. Así Ktaadn é un cumio, Chesuncook e Allegash son os nomes de dous lagos e East Branch fai referencia a parte leste do río Penobscot. Descríbese coma o ser humano e o seu modo de vida afectan a contorna. Por exemplo cítase a influencia dos madeireiros e a súa afectación nas forestas, axudando á construción de infraestruturas primitivas e dos primeiros asentamentos humanos en Maine. Critícase a caza, especialmente aquela que afectaba ós renos. E como o ser humano non é capaz de relacionarse co medio natural, entendendo este unicamente coma unha fonte de recurso e de aproveitamento.

Formas de vida

[editar | editar a fonte]

Descríbense tamén a situación e organización das vilas e asentamentos polas cal viaxaba o autor. Relatando a relación coas comunidades de nativos americanos, os diversos oficios ou os medios de transporte fluviais, coma por exemplo os batteaux ou batteau.

Un batteaux que se empregaba coma transporte nos ríos da América do Norte do século XIX
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Thoreau, Henry David. The Library of America, ed. A Week on the Concord and Merrimack Rivers; Walden, or life in the Woods; The Maine Woods; Cape Cod. ISBN 0-940450-27-5.