Henning Mankell
Henning Mankell, nado en Estocolmo o 3 de febreiro de 1948[1] e finado o 5 de outubro de 2015[2], foi un escritor e dramaturgo sueco. Gozou de sona internacional debido á súa serie de novelas sobre o inspector Kurt Wallander [3].
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda que nado en Estocolmo, pasou a súa infancia nas vilas de Sveg e Borås [1]. Con 20 anos principiou a súa carreira como autor e axudante de dirección no Riks Theater de Estocolmo, colaborando posteriormente con outros teatros de Suecia [4]. As súas primeiras obras teatrais pretendían ser unha forma de denunciar as desigualdades da sociedade da época [5]. Durante parte da década de 1980 foi o director do Kronobergsteatern de Väjxö, onde obtivo un salientábel éxito de audiencia ao apostar por producir só obras de teatro suecas [5]. En 1985 fundou o Teatro Avenida en Maputo (Mozambique) [4], onde residiu parcialmente os derradeiros anos da súa vida. En 2001 cofundou a súa propia editorial – Leopard Publishing House [5] - coa intención de apoiar novos talentos tanto de África como da propia Suecia [4].
Os seus libros están traducidos a 41 idiomas e levan vendido máis de 30 millóns de copias en todo o mundo [6]. Contou tamén no seu haber con numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil, traballo que lle reportou en Suecia a mesma popularidade que a súa serie de novela negra.
En outubro de 2015 faleceu, vítima dun cancro de pulmón[7], diagnosticado en 2013. Estivo casado con Eva Bergman, filla do cineasta Ingmar Bergman [1].
Obra[editar | editar a fonte]
Serie Kurt Wallander[editar | editar a fonte]
O protagonista deste conxunto de novelas é un inspector de policía, Kurt Wallander, que vive e traballa en Ystad, no sur de Suecia. Á marxe dos escabrosos asasinatos cos que se teñen que enfrontar el e mais os seus colaboradores, Mankell vai presentando a personalidade do inspector ao longo da serie. Así, aparecen as súas reflexións personais, coma a tormentosa relación co seu pai, a soidade post-divorcio, o distanciamento coa súa filla Linda, os seus problemas de saúde ou as precarias condicións do seu traballo coma policía; por outra banda, Mankell sérvese do personaxe para poñer de manifesto algúns dos problemas que, ao seu entender, afectan cada vez máis á sociedade sueca, coma o aumento da violencia ou a inmigración [1]. As obras que conforman esta serie son:
- Asasinos sen rostro (Mördare utan ansikte, 1991)
- Os cans de Riga (Hundarna i Riga, 1992)
- A leona branca (Den vita lejoninnan, 1993)
- O home sorrinte (Mannen som log, 1994)
- A falsa pista (Villospår, 1995)
- A quinta muller (Den femte kvinnan, 1996)
- Pisando os talóns (Steget efter, 1997)
- Devasa (Brandvägg, 1998)
- A pirámide (Pyramiden, 1999), un conxunto de relatos curtos que corresponden á vida do inspector antes do inicio da serie (1969 a 1989)
- Antes de que xee (Innan frosten, 2002), onde a protagonista é Linda Wallander, a filla do inspector, que ingresa no corpo de policía e debe afrontar o seu primeiro caso.
- O home inquieto (Den orolige mannen [8], 2009), a derradeira obra da serie Kurt Wallander segundo o autor [9].
Outras obras de novela negra[editar | editar a fonte]
- O retorno do profesor de baile (Danslärarens återkomst, 2000), onde o protagonista, Stefan Lindman, formará parte do equipo de colaboradores de Wallander en Antes de que xee
- O cerebro de Kennedy (Kennedys hjärna, 2005)
- O chinés (Kinesen, 2008)
Obras de ficción[editar | editar a fonte]
- Comédia infantil (1995)
- O fillo do vento (Vindens son, 2000)
- Tea-Bag (2001)
- Profundidades (Djup, 2004)
- Zapatos italianos (Italienska skor, 2006)
Triloxía sobre Sofía[editar | editar a fonte]
Nestas tres obras Mankell conta a historia de Sofía, unha rapaza de Mozambique que sobreviviu a unha mina antipersona [10]. A súa historia é a da loita contra a pobreza e a inxustiza nun país que se atopa entre os máis pobres do mundo.
- O secreto do lume (Eldens hemlighet, 1995)
- Xogar con lume (Eldens gåta, 2001)
- A ira do lume (Eldens vrede, 2005)
Serie Joel Gustafson[editar | editar a fonte]
Catro obras narran a vida de Joel, abandonado pola súa nai e criado polo seu pai, centrándose nos acontecementos que o fan evolucionar de neno a home [11].
- O can que corría cara unha estrela (Hunden som sprang mot en stjärna, 1990)
- Sombras na penumbra (Skuggorna växer i skymningen, 1991)
- Cando caeu a neve (Pojken som sov med snö i sin säng, 1996)
- Unha viaxe á fin do mundo (Resan till världens ände, 1998)
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio"Nils Holgersson" (1991) por O can que corría cara unha estrela [12]
- Premio "Academy of Swedish Crime Writers" (1991) por Asasinos sen rostro [4]
- Premio "Scandinavian crime society: The Glass key" (1991) por Asasinos sen rostro [4]
- "Deutscher Jugendliteraturpreis" (1993) por O can que corría cara unha estrela [12] [13]
- Premio "Academy of Swedish Crime Writers" (1995) por A falsa pista [14]
- Premio "Swedish Radio 1" (1996) por Comédia infantil [15]
- Premio "City of Berlin" (1997) ó mellor libro infantil non alemán por O secreto do lume [15]
- Premio "British Crime Writers Association: Golden Dagger" (2001) por A falsa pista [16]
- "Gumshoe Award" (2004) á mellor novela negra europea por O retorno do profesor de baile [17]
- "II Premio Pepe Carvalho" (2007) pola súa traxectoria no ámbito da novela negra [18]
- "XV Premio Arcebispo San Clemente" (2010) pola súa novela O chinés [19]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Ficha en Lecturalia
- ↑ http://www.ara.cat/suplements/llegim/Henning-Mankell-Literatura-Novel-la-Negra_0_1443455755.html Noticia da morte do escritor] no diario Ara o 5 de outubro de 2015. (en catalán)
- ↑ Ficha en Tusquets-Editores
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Ficha en Booksfactory]
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Web Oficial Henning Mankell (Biografía) (en inglés)
- ↑ Web Oficial Henning Mankell (Entrevista) (en inglés)
- ↑ "Henning Mankell: «Moriré de esta enfermedad»", ABC, 5-10-2015 (en castelán).
- ↑ [1]
- ↑ Noticia sobre a derradeira publicación da saga Kurt Wallander en El Mundo (en castelán)
- ↑ Web Oficial Henning Mankell (Sobre Sofia) (en inglés)
- ↑ Web Oficial Henning Mankell (Libros para nenos e mozos) (en inglés)
- ↑ 12,0 12,1 [2]
- ↑ [3]
- ↑ [4] en LibraryThing.
- ↑ 15,0 15,1 [5]
- ↑ [6]
- ↑ [7]
- ↑ [8]
- ↑ [9]