Premio Astrid Lindgren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 

Premio Astrid Lindgren
Tipopremio literario
Data de fundación1967
Nomeado en referencia aAstrid Lindgren
PaísSuecia
Na rede
https://www.astridlindgren.com/en/about-astrid-lindgren/astrid-lindgrens-legacy/the-astrid-lindgren-prize
editar datos en Wikidata ]

O Premio Astrid Lindgren, en sueco Astrid Lindgren-priset e en inglés Astrid Lingren Prize, é un premio literario sueco para a literatura infantil que leva o nome da escritora sueca Astrid Lindgren.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O premio foi instituído pola editorial Rabén & Sjögren en 1967 para honrar a Lindgren no seu 60 aniversario.[2]

Concédese anualmente o día do aniversario de Lindgren, o 14 de novembro, a un escritor sueco de literatura infantil e xuvenil;[2] isto distíngueo do Astrid Lindgren Memorial Award que ten un enfoque máis internacional.[3] Entre os galardoados están autores coñecidos da literatura para nenos en lingua sueca, como Maria Gripe e Henning Mankell.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Astrid Lindgren Prize". www.astridlindgren.com (en inglés). Consultado o 2023-08-07. 
  2. 2,0 2,1 Astrid Lindgren-priset. Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  3. "Astrid Lindgren Memorial Award". alma.se (en sueco). 

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.