London Irish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
London Irish
Nome completo London Irish Rugby Football Club
Alcume(s) The Exiles ou Reading Irish
Fundación 1898
Localización Reading, Inglaterra
Estadio(s) Madejski Stadium
Capacidade 24.161
Presidente Flag of Ireland.svg Andrew Coppel
Adestrador Australia Brian Smith
Capitán Inglaterra George Skivington
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga Aviva Premiership
Tempada 2015-16
Posición
Páxina web oficial
Na súa casa
Fóra

O London Irish é un club inglés de rugby da cidade de Reading que compite na Aviva Premiership e xoga como local no Madejski Stadium.

Equipos[editar | editar a fonte]

A totalidade dos seus equipo adestra en Sunbury (Surrey). O seu equipo amateur (London Irish Amateur RFC) xoga tamén en Sunbury, xogando o equipo profesional no Madejski Stadium os seus partidos como local, estadio localizado en Reading (Berkshire). O equipo xoga na Aviva Premiership inglesa, na Anglo-Welsh Cup e nas competicións europeas: Heineken Cup e European Challenge Cup.

As cores coas que xoga o equipo son o verde e o branco (as cores de Irlanda). A mascota do equipo é un can Lobero Irlandés chamado Digger. Este equipo foi fundado por emigrantes irlandeses de Londres, ao igual que outros equipos da cidade coma os London Welsh ou os London Scottish.

Os London Irish gañaron o seu primeiro gran trofeo no ano 2002 ao gañar a Copa Anglo-Galesa e foi semifinalista da Heineken Cup na tempada 2007-08, perdendo contra o Stade Toulousain no Twickenham Stadium de Londres por 15 a 21.

Historia[editar | editar a fonte]

O London Irish RFC foi fundado en 1898 por irlandeses que estaban en Londres. Inicialmente só podían pertencer ao equipo xogadores de orixe irlandesa, polo que tiveron problemas para atopar xogadores durante a Primeira Guerra Mundial e a Guerra Anglo-Irlandesa

Tras anos de xogo en Sansbury, os Exiles consideran este campo coma a súa casa espiritual a pesares de xogar agora no Madejski Stadium de Reading.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]

Títulos continentais[editar | editar a fonte]

Tempada actual[editar | editar a fonte]

Inglaterra Aviva Premiership — Tempada 2014/15
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
Verde Giallo Nero (strisce orizzontali).png Northampton Saints 76 22 16 1 5 8 2
600px Blu marine e Azzurro con striscetta bianca.svg Bath Rugby 75 22 16 0 6 9 2
600px Bianco Rosso e Verde (strisce orizzontali).png Leicester 68 22 15 1 6 4 2
600px Rosso e Nero.svg Saracens 68 22 14 0 8 5 7
600px Nero.png Exeter 61 22 11 2 9 9 4
600px Giallo con bordi Neri orizzontali.svg Wasps 54 22 11 0 11 6 4
Blu.png Sale 53 22 10 1 11 4 7
Arlecchino.png Harlequins 49 22 10 0 12 4 5
Rosso e Bianco.png Gloucester 48 22 9 1 12 4 6
10º Verde e Nero in diagonale.png Irish 40 22 7 1 14 4 6
11º Nero Con Striscia Bianca.png Newcastle Falcons 34 22 5 1 16 4 8
12º Rosso e Bianco diagonale.png Welsh 1 22 0 0 22 1 0

<<<< 2013/14 — Tempadas — 2015/16 >>>>


En verde      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
En azul      os clasificados para a Copa de Campións Europea de Rugby 2015-2016 (5º e 6º).
En amarelo      o clube que xogou o playoff pola Copa de Campións Europea de Rugby.
En rosa      o equipo en descenso directo (12º).


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]