Aviva Premiership 2010-2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aviva Premiership
Guinness Premiership Trophy.jpg
Fundación1987
RexiónInglaterra Inglaterra
Equipos12
Actual campiónHarlequins (1º título)
Máis laureadoLeicester (9 títulos)
Sitio webPáxina oficial
Tempada 2012-2013

A tempada 2010-2011 da Aviva Premiership foi a vixésimo cuarta edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomou o nome Aviva do seu principal patrocinador, que por primeiro ano era esa importante compañía de seguros.

Formato da competición[editar | editar a fonte]

O torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.

O sistema de puntuación foi o seguinte:

  • 4 puntos pola vitoria.
  • 2 puntos polo empate.
  • 0 punto pola derrota.
  • 1 punto por anotar 4 ou máis ensaios.
  • 1 punto por perder por 7 ou menos puntos.

A liga comezou o 3 de setembro de 2010, e rematou o 28 de maio de 2011 coa gran final.

Táboa[editar | editar a fonte]

Inglaterra Aviva Premiership — Tempada 2010/11
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
600px Bianco Rosso e Verde (strisce orizzontali).png Leicester 78 22 16 1 5 8 4
600px Rosso e Nero.svg Saracens 76 22 18 0 4 2 2
Rosso e Bianco.png Gloucester 67 22 14 1 7 5 4
Verde Giallo Nero (strisce orizzontali).png Northampton 65 22 14 0 8 6 3
600px Blu marine e Azzurro con striscetta bianca.svg Bath 62 22 13 1 8 5 3
Verde e Nero in diagonale.png Irish 54 22 11 0 11 6 4
Arlecchino.png Harlequins 52 22 9 2 11 4 8
600px Nero.png Exeter 43 22 10 0 12 0 5
600px Giallo con bordi Neri orizzontali.svg Wasps 43 22 9 1 12 1 4
10º Blu.png Sale 32 22 6 1 15 1 5
11º Nero Con Striscia Bianca.png Newcastle 23 22 4 1 17 0 5
12º 600px Bianco con bande Blu Navy laterali.png Leeds 23 22 4 0 18 0 7

<<<< 2009/10 — Tempadas — 2011/12 >>>>


En azul      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
En rosa      o equipo descendido (12º).

Semifinais e final[editar | editar a fonte]

Final
Competición Aviva Premiership
Tempada 2010-11
Estadio Twickenham Stadium (Londres)
Capacidade 80.016
Campión Saracens
Finalista Leicester Tigers
Resultado 22 - 18
Campión


Finalista


  Semifinais Final
             
14 de maio, Leicester
 1º. 600px Bianco Rosso e Verde (strisce orizzontali).png Leicester 11  
 4º. Verde Giallo Nero (strisce orizzontali).png Northampton 3  
 
28 de maio, Londres
     1º. 600px Bianco Rosso e Verde (strisce orizzontali).png Leicester 18
   2º. 600px Rosso e Nero.svg Saracens 22
15 de maio, Watford
 2º. 600px Rosso e Nero.svg Saracens 12
 3º. Rosso e Bianco.png Gloucester 10  


A final disputada no estadio de Twickenham, en Londres, enfrontou diante de 80.016 siareiros a Leicester Tigers e Saracens, os dous primeiros equipos da clasificación da liga ó remate da tempada regular, e vencedores de cadansúa semifinal.

Ámbolos dous equipos xogaron vestindo o seu primeiro equipamento; Leicester Tigers cos cores verde, vermello e branco; e Saracens de cor negro.

Leicester Tigers viña de rematar primeiro na clasificación final da liga regular, con 78 puntos, e nas semifinais tivo que enfrontarse a Northampton Saints por un posto na final. O resultado da semifinal foi 11-3.

Pola súa banda, Saracens viña de rematar segundo na clasificación final da liga regular, con 76 puntos, aínda que con 2 vitorias mais que o primeiro. Nas semifinais enfrontouse a Gloucester Rugby por un posto na final, posto que acadou cun resultado final de 12-10.

O gran final, arbitrada por Wayne Barnes, comezou con varios golpes de castigo lanzados por Toby Flood (de Leicester) e Owen Farrell (de Saracens). No minuto 26, cando o taboleiro sinalaba un 6 a 6, Saracens anotou o único ensaio do encontro. Tralos primeiros 40 minutos chegouse ó descanso cun 16 a 9 a prol dos Saracens.

Na segunda metade Toby Flood anotou 3 golpes de castigo mais a prol de Leicester Tigers, e Owen Farrell outros 2 a prol de Saracens, de xeito que no minuto 75 o resultado era 22 a 18 para Saracens. Con 5 minutos por diante, Leicester Tigers atacou á desesperada, Saracens defendeu dentro da súa liña de 22, os xogadores de Leicester estiveron mesmo a un metro da zona de ensaio, pero finalmente o encontro rematou co resultado de 22 a 18.

Con esta vitoria Saracens acadou o seu primeiro título de campión de liga na súa historia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]